Aumentan os casos de cancro por riba das estimacións, pero tamén as taxas de supervivencia aos tumores. Conclúeo un estudo da Sociedade Española de Oncoloxía Médica presentado este luns

Aumentan os casos de cancro por riba das estimacións, pero tamén as taxas de supervivencia aos tumores. Conclúeo un estudo da Sociedade Española de Oncoloxía Médica presentado este luns
Seis mortos nun atentado contra unha mesquita en Quebec. O Goberno destaca que é un ataque contra "musulmáns nun centro de culto e refuxio".
Colau e Domènech presentan Un País en Comú, a nova formación catalá, e insisten na súa aposta polo referendo e a loita contra os "recortes criminais".
Hamon vence a Valls nas primarias e será o candidato socialista á presidencia de Francia. As enquisas indican que, no entanto, non terá un papel relevante nos comicios.
A xustiza ordena reabrir o caso dos insultos machistas a Carmela Silva. Unha xuíza de violencia de xénero considerara "liberdade de expresión" chamar "mala zorra", "furcia", "hija de puta" e "sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra, como fixera o edil do PP de Moraña que dimitiu por este motivo
Novo asasinato machista en Galicia. Un home mata a súa muller a coiteladas no Carballiño e as forzas de seguridade evitan que se suicide. O mes pasado, dúas persoas foron asasinadas por violencia de xénero no país.
Beatriz Mato di que "a xente cre que a auga da billa cae do ceo, e non é así". Asegúrao nunha entrevista en La Voz, na que analiza a época de seca que sofre Galicia.
A Xunta elimina máis de 2.700 interinos da lista de substitucións por rexeitar a praza. Durante doce meses non son chamados para outro traballo.
Unha xuíz bloquea parte do veto de Trump a cidadáns de sete países musulmáns. É unha medida temporal que só evita a deportación de decenas de persoas que aterraron nos EUA cando a orde entrar en vigor durante os seus voos. Centos de persoas maniféstanse nos aeroportos.
Trump veta a entrada nos EUA a cidadáns de sete países musulmáns para "protexerse dos terroristas". Non haberá visados para persoas procedentes de Irán, Siria, Iraq, Somalia, Sudán, Iemen e Libia.