O alcalde de Boqueixón, despois de renunciar a subir un 41% o seu soldo porque se fixo público: "Estar no Concello por 1.000 euros? Para iso, marcho para a casa". En El País, vía Europa Press
Fálase
Novagalicia Banco tampouco fará desafiuzamentos á espera dos cambios normativos que prepara o Goberno. Asegura que "esgota" as posibilidades para evitalos.
Varios deputados e deputadas de AGE, entre eles Yolanda Díaz, completaron esta tarde no Parlamento os trámites para acreditárense como membros da Cámara. (foto @Luca_iskra)
Descobren un erro na nova web do Senado que permite que os usuarios a poidan visualizar inserindo nela o texto que desexen. Abonda con escribilo na barra de enderezos do navegador. A renovación da web custou máis de 400.000 euros.
Entidades financeiras suspenden a execución de tres desafiuzamentos na Coruña. Os procuradores dos bancos pediron ao xulgado que suspendese os tres desaloxos tras a adxudicación das vivendas en subasta, segundo conta Europa Press.
O Goberno adoptará medidas para que "ningunha familia de boa fe quede sen teito". Anunciouno o ministro de Economía, Luis de Guindos, que avanzou que haberá un acordo entre PP e PSOE.
O PSOE pide "perdón" por non "reaccionar antes" para evitar os desafiuzamentos
A patronal das caixas de aforros tamén suspende os desafiuzamentos, segundo adianta a Cadena Ser. Súmase así á banca, que tamén o fará nos casos de extrema necesidade.
Os xornalistas de eldiario.es pregúntanlle os seus socios que deberían facer na folga do 14N: "Apoiamos maioritariamente a folga xeral pero barallamos dúas opcións: o peche total ou un peche parcial, cuns servizos mínimos destinados a informar exclusivamente sobre a folga xeral". Explican que "os xornalistas non somos diferentes a cualquera outro traballador" pero engaden que "a inmensa maioría dos medios van sair e, se nós calamos, será só a súa voz a que se escoite"
A banca comprométese a parar os desafiuzamentos durante dous anos en casos de extrema necesidade, segundo adianta El Economista.