Alemaña rexeita a proposta de Grecia de ampliar o rescate e exixe máis concesións. Berlín di que non ofrece unha "solución substancial" ao problema e sitúa Grecia ao borde da expulsión do euro.

Alemaña rexeita a proposta de Grecia de ampliar o rescate e exixe máis concesións. Berlín di que non ofrece unha "solución substancial" ao problema e sitúa Grecia ao borde da expulsión do euro.
A ministra de Fomento declina acompañar o Concello de Pontevedra na recollida do premio da ONU que recoñece a cidade como un modelo de accesibilidade e boas prácticas urbanísticas, e que se entrega en Dubai a finais de mes. Ana Pastor vén de confirmarlle a negativa por carta ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
A provincia de Lugo sufriu esta mañá un tremor de terra de magnitude 2,9 con epicentro no Corgo. O pequeno terremoto produciuse ás 11:18, segundo o IGN.
Decretan a alerta biolóxica no cárcere da Lama por un sobre con po sospeitoso, segundo adianta Faro de Vigo
O Congreso aproba o acordo antiterrorista pactado por PP e PSOE sen lograr novos apoios. Recólleo El Diario
O PP rexeita que a Deputación de Lugo declare a conselleira de Sanidade "persoa non grata" por vetar a atención a infartos 24 horas e atrasar a instalación dos equipos de radioterapia e medicina nuclear no HULA. Dada a inexistencia de unanimidade a reprobación non será votada como declaración institucional, senón como moción que apoiarán PSdeG e BNG.
Feijóo e o presidente de Portugal, Cavaco Silva, asinan esta mañá na sede da RAG un "memorando de entendemento" para que o portugués sexa "lingua de opción e avaliación" no sistema educativo galego. A sinatura chega case un ano despois da aprobación no Parlamento da Lei Paz Andrade
Equo e Libera intégranse tamén na Marea Atlántica. A asemblea de Equo aproba co 82% dos votos diluírse na plataforma cidadá, que xa contaba co apoio de Anova, EU, CxG ou Espazo Ecosocialista e que agarda a decisión de Podemos.
Traballadores acusan Alcoa de provocar perdas para forzar o peche da fábrica coruñesa. Denuncian que boa parte da produción segue almacenada e que a planta perdeu 2 millóns en xaneiro.
Juncker admite que a UE "pecou contra a dignidade de Grecia, Irlanda e Portugal". O presidente da Comisión critica agora a actuación da troika, mentres Tsipras asume algúns compromisos ante a forte presión internacional.