Os comerciantes do concello mariñao de Foz permitirán pagar con pesetas entre o 11 e o 24 de xuño.
Fálase
Europa esixe máis provisións á banca para activar a axuda directa ás entidades, segundo adianta Cinco Días. O Goberno prepara xa un novo decreto para hipotecas, consumo e empresas.
A Comisión Europea dá hoxe o primeiro paso cara a unha "unión bancaria". Proporá que sexan os acreedores e os accionistas das entidades con problemas os que paguen os rescates.
O índice de produción industrial volve caer en Galicia. Neste caso, o descenso é de case un 9% interanual en abril, de novo por riba da media estatal, o que incide no na crítica situación da industria do país.
Este xoves comeza a funcionar a edición española do Huffington Post, dirixido por Montserrat Domínguez e participada ao 50% por Prisa. O exitoso modelo do Huff ten a súa base na publicación de resumos de novas de outros medios e nas colaboracións externas, que non paga.
The Guardian analiza por que a clase obreira vota os partidos conservadores en Gran Bretaña ou nos Estados Unidos.
A Rede Feminista Galega e o Cineclube Compostela ofrecerán unha rolda de prensa este mércores a partir das 11 da mañá na Praza do Obradoiro para "denunciar as prácticas discrecionais e antidemocráticas" do goberno municipal de Santiago "e difundir as accións de protesta que diferentes colectivos sociais compostelás van a desenvolver". O Concello quere cobrarlles 1.600 euros ás dúas entidades por realizar catro proxeccións de filmes ao aire libre no mes de xuño.
Este 6 de xuño lánzase a sexta versión do protocolo de Internet (IP). O IPv6 permitirá que o número de enderezos IP dispoñibles pase dos 4.000 millóns actuais (que comezaban a ser insuficientes) a ser 340 sextillóns (340 con 36 ceros detrás).
La Región, moi crítico coa xestión de Feijoo en Ourense. Dedica a súa portada á situación do hospital da cidade: "A ausencia de investimento da Xunta agrava o deterioro da Xunta" e engade que "a crúa realidade demonta o espellismo do 'Hospital 2050'". Ademais, salienta que o alcalde de Ourense esixe "explicacións" a Feijóo sobre o Centro de Interpretación de Parques Naturales paralizado
O blog de Público Memoria Pública lembra que centos de cadáveres de persoas asasinadas na Guerra Civil foron guindadas ao Río Tajo. Este mércores a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presenta a súa campaña para que os represaliados galegos apoien coas súas denuncias a querela da xustiza arxentina contra a ditadura franquista