O blog de Público Memoria Pública lembra que centos de cadáveres de persoas asasinadas na Guerra Civil foron guindadas ao Río Tajo. Este mércores a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presenta a súa campaña para que os represaliados galegos apoien coas súas denuncias a querela da xustiza arxentina contra a ditadura franquista
Fálase
España protagoniza as portadas da prensa europea este mércores, e non para ben. Financial Times: España pide un rescante bancario, Le Monde: O estado crítico de España e dos seus bancos non augura nada bo, e Liberátion: SOS España revelan a preocupación que existe no continente pola situación do sistema financeiro, principalmente
Aprobada finalmente a Normativa de Permanencia da USC. O Consello Social da Universidade de Santiago aprobou a polémica normativa, que conta co rexeitamento de organizacións estudantís, de mestres e PAS.
O portal Infojobs recolle unha oferta a nome de "Cidade da Cultura de Galicia" para ser "superfan de Björk" no concerto que a cantante islandesa ofrecerá no Gaiás. Os labores serán "cumprir coa axenda de visitas" e "enviar fotos, twittear e colgar posts en Facebook coa actividade do concerto". Entre os requisitos figura "estar desempregado".
A xefa de Costas de Pontevedra considera "unha canallada" a sanción contra o ex candidato do PP en Pontevedra, Telmo Martín, por construír sobre o dominio público marítimo terrestre. "Todo o mundo foi contra o pobre Telmo", di Cristina Paz-Curbera. Cóntao 20 Minutos. A Xunta xa lle retirou a Martín a multa, de 3 millóns de euros.
Mariano Rajoy pide xa abertamente "unha integración fiscal e unha unión bancaria con eurobonos" en Europa. Mentres, o G-7 recoñece que analiza xa as posibilidades desa maior integración.
Os escoltas de Rajoy impiden, dentro do hemiciclo do Senado, que un senador do PSOE lle entregue un casco de mineiro para simbolizar as protestas dos traballadores asturianos. En El País
O candidato do BNG á Xunta e voceiro da formación no Congreso, Francisco Jorquera, lamenta que se continúe a "sacralizar a realeza" co rexeitamento da comisión de investigación sobre a Casa Real, solicitada polo Bloque xunto a Esquerra Republicana de Catalunya e IU-ICV
Os comités de empresa de Renfe, Feve e Adif concéntranse na Coruña a prol dun "ferrocarril público e social" e contra a privatización das empresas públicas. Se así se confírmase, os sindicatos convocarán "un paro total" sen servizos mínimos.
O filme de animación O Apóstolo, dirixido polo compostelán Fernando Cortizo, competirá na Sección Oficial do Festival Internacional de Cinema de Moscú. Será a primeira película de animación que o fai, e a única fita española a concurso. O Apóstolo é primeira longametraxe europea de animación stop motion estereoscópico.