A Xunta Electoral obriga a pechar unha exposición do Concello da Coruña sobre o seu proxecto "smart city" ao considerar que está dedicada a enxalzar logros do goberno local. A orde, que adianta Radio Coruña, chega tras unha denuncia do PSdeG.
Fálase
A Marea Atlántica lanza unha campaña de financiamento cidadán e renuncia aos créditos bancarios. A plataforma cidadá márcase o reto de conseguir 12.000 euros en vinte días a través de doazóns da cidadanía. O seu candidato, Xulio Ferreiro, é o único que aproba segundo unha enquisa da UdC, pero é moi pouco coñecido.
O PP promete "limitar" a instalación de "locutorios, bazares e kebabs" para frear a inmigración en Catalunya. Cóntao El Diario
Este serán desenvólvense en Galicia cinco concentracións contra a nova reforma da lei do aborto baixo o lema Dereito a decidir para todas
A líder de Ciudadanos na Coruña recoméndalle ao PP unha candidata para a lista de Carlos Negreira. Cóntao a xornalista Ana Pardo de Vera en Público.es
Negreira tenta presentar como unha decisión persoal a saída da súa lista de Julio Flores, número dous do goberno local e imputado no caso Pokémon. Cóntao La Opinión de A Coruña
O Goberno central fixa para Galicia a metade da potencia eólica prevista pola Xunta. Recólleo Faro de Vigo
AGE denuncia "manipulacións reiteradas dos contadores" eléctricos por parte de BEGASA, a compañía eléctrica maioritaria en boa parte da provincia de Lugo. Cóntao El País Galicia
Ducias de rapaces e rapazas de centros de ensino de Salvaterra e Monção completaron esta mañá unha cadea humana sobre o Miño para conmemorar o 20 aniversario da inauguración da ponte que une as dúas vilas.
Falece o escritor Eduardo Galeano.