Negreira tenta presentar como unha decisión persoal a saída da súa lista de Julio Flores, número dous do goberno local e imputado no caso Pokémon. Cóntao La Opinión de A Coruña
Fálase
O Goberno central fixa para Galicia a metade da potencia eólica prevista pola Xunta. Recólleo Faro de Vigo
AGE denuncia "manipulacións reiteradas dos contadores" eléctricos por parte de BEGASA, a compañía eléctrica maioritaria en boa parte da provincia de Lugo. Cóntao El País Galicia
Ducias de rapaces e rapazas de centros de ensino de Salvaterra e Monção completaron esta mañá unha cadea humana sobre o Miño para conmemorar o 20 aniversario da inauguración da ponte que une as dúas vilas.
Falece o escritor Eduardo Galeano.
El Confidencial publica a ficha de afiliación de Albert Rivera, líder de Ciudadanos, ás Nuevas Generaciones do PP.
O BNG lanza un "manifesto por unha república galega" baixo o título Erguer os soños e as esperanzas. Pódese descargar nesta ligazón
Falece o escritor Günter Grass aos 87 anos. Grass recibiu o Nobel de Literatura en 1999
O xornalista Aníbal Malvar conecta grupos violentos fascistas de Ferrol co PPdeG e co narco Marcial Dorado. Un compañeiro de Fernández de Mesa acabou sendo o chófer de Feijóo que lle presentou o narcotraficante.
O PSOE denuncia a inauguración en Sarria dun circuíto para bicicletas malia á prohibición da lei electoral. A placa inaugural desapareceu da infraestrutura tras saír á luz a denuncia. Recólleo El Progreso