Trump perde o control do Congreso, aínda que os Republicanos manteñen a súa maioría no Senado. Os Demócratas poderán agora limitar a capacidade de acción do Presidente e investigalo

Trump perde o control do Congreso, aínda que os Republicanos manteñen a súa maioría no Senado. Os Demócratas poderán agora limitar a capacidade de acción do Presidente e investigalo
Feijóo reitera a promesa dun parque acuático en Ourense. O presidente incluíuno nos seus anuncios tras recibir o alcalde ourensán, Jesús Vázquez, a quen erixiu como "o mellor" das sete cidades galegas. A Xunta desempoou o pasado verán o proxecto, que se ubicaría nas instalacións deportivas de Monterrei, tras anuncialo na campaña das eleccións galegas. O parque acuático veu sendo unha proposta recorrente do partido Democracia Ourensana.
A Xunta suspende polo temporal dende as 12 da mañá as actividades no exterior dos centros educativos "no suroeste, oeste e noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra e Mariña lucense" e decide manter as clases e o transporte escolar. Como adoito, deixa nas mans das direccións de cada centro a suspensión doutras actividades "no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado". Os concellos incluídos en cada zona poden consultarse aquí. (Imaxe: Concello da Coruña)
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sentencia que Arnaldo Otegi e outros catro líderes abertzales non tiveron un xuízo xusto no 'caso Bateragune', no que eran acusados de "reconstruír" Batasuna cando o partido estaba ilegalizado. Todos eles cumpriron xa as condenas derivadas deste caso.
Unha colisión múltiple causa unha longa retención na AP-9 ao seu paso por Vigo. Sucedeu no primeiro túnel tras o desvío cara ao aeroporto, segundo informa a Radio Galega. (Imaxe: DGT)
O alcalde de Barreiros culpa a secretaria municipal no inicio do xuízo polas licenzas ilegais para case 3.000 vivendas que estragaron a costa da vila baixo o seu mandato.
PP e Ciudadanos bloquean a vía do Goberno para evitar que Franco acabe na Almudena.
Dhogs, do galego Andrés Goteira, foi o filme máis visto entre os subscritores da plataforma Filmin o pasado outubro. A película sumou multitude de galardóns mesmo antes da súa chegada aos circuítos comerciais.
A instrutora do accidente do Metro de Valencia de 2006 envía a xuízo a 8 ex-directivos tras ordenarlle en febreiro a Audiencia Provincial reabrir o caso nun auto que evidenciou semellanzas co sinistro de Angrois ocorrido sete anos máis tarde.
De Cospedal anuncia que deixa o posto na Executiva do PP polos "ataques" derivados das súas conversas co ex-comisario Villarejo, pero mantén o seu escano no Congreso.