O avogado Carlos Sánchez Almeida analiza en ElDiario.es o código penal de Gallardón que analiza como "a criminalización da resistencia social". Afirma que "a reforma Gallardón pretende situar os activistas pro dereitos humanos na situación de marxinalidade dos proscritos".
Fálase
A entrevista a Alfredo Pérez Rubalcaba en TVE tivo varias preguntas relativas a Galicia. Preguntado sobre José Blanco, Rubalcaba di que "estou seguro que é inocente e o Tribunal Supremo dirá que é inocente". De igual xeito o lider do PSOE liga as eleccións galegas a un exame á politica de Rajoy: "eu digolles aos cidadáns galegos que se non lles gusta a política de recortes de Rajoy voten e a cambien"
Rajoy emite un comunicado na súa calidade de presidente do PP para valorar a dimisión de Esperanza Aguirre. Considera "enorme" a súa traxectoria política e "confía en seguir contando co seu entusiasmo" para a súa formación. Podedes ler o comunicado íntegro aquí.
Feijóo "lamenta" e "respecta" a dimisión de Esperanza Aguirre. O presidente da Xunta e candidato á reelección agarda asegura que a dirixente madrileña "sempre lle botou á vida moita paixón" e coida que é "moi difícil atopar unha política nas últimas décadas co seu palmarés", polo que agarda que os seus motivos sexan "temporais".
As necesidades de capital de Novagalicia Banco coñeceranse antes das eleccións. Segundo adianta Europa Press na súa web, o 28 de setembro estará listo o informe das consultoras consultadas polo Estado para todo o sector bancario español.
Almunia advirte a España que o seu silencio sobre o rescate é "un risco" pola volatilidade dos mercados e insta a Rajoy a decidirse "xa" sobre a petición de axuda.
O BNG lanza a segunda entrega da súa serie #feijóomentirán, sobre os "incumprimentos" do Goberno galego, neste caso dedicada á lei de dependencia e aos servizos sociais
Esperanza Aguirre anuncia a súa dimisión como presidenta da Comunidade de Madrid "por razóns persoais". Ignacio González ocupará o cargo en funcións até a celebración dunha nova sesión de investidura. Aguirre afirma que o cancro que sufriu é un dos factores que máis inflúe na súa decisión e salienta que "non abandono a política, vou pasar a segunda fila".
Apupos e asubíos a Wert, Cospedal e os Príncipes na inauguración do curso. Nun acto en Toledo, os manifestantes criticaron os recortes ao berro de "máis educación, menos corrupción".
O PSdeG resposta ás advertencias de Feijóo en torno a un suposto "desgoberno" na Xunta se o PP perde a maioría absoluta. "Referirase a se ten que pactar con Mario Conde", retruca o secretario de organización dos socialistas, Pablo García