Un concelleiro do PP da localidade Parla (Madrid) convida a deixar o currículo na sede do partido a quen desexe traballo en Eurovegas, o complexo de casinos que se construirá na rexión madrileña. O Twitter oficial do partido nesa poboación realiza o mesmo convite.
Fálase
Feijóo reclama "rebeldía construtiva" para "superar estes momentos de dificultades" durante a presentación na Casa de Galicia en Madrid dun libro de Enrique Santín que recompila artigos publicados nos diarios Madrid, Pueblo, Arriba, Informaciones, Ya, ABC, El País, El Correo Gallego e El Progreso
A Filarmónica de Viena vén de abrir os seus arquivos a tres historiadores, deixando á luz a súa época máis escura, a da colaboración cos nazis. Cóntao unha reportaxe do xornal portugués Público.
A CNMV abre unha investigación a Pescanova por posible abuso de mercado. O regulador ve "posíbeis indicios de compartamentos de abuso de mercado por parte da compañía, dos seus administradores ou de terceiras persoas". O comunicado oficial do regulador pódese consultar aquí
As eleccións ao Parlamento Europeo celebraranse o 25 de maio de 2014. É posible que esa sexa tamén a data escollida para a celebracion do referendo de autodeterminación en Catalunya.
WhatsApp desiste do seu intento de cobrar 80 céntimos anuais polo servizo en Android por mor da presión da competencia.
Afectados polas preferentes péchanse no Concello de Ferrol. Unhas trinta persoas permanecerán encerrados ata mañá martes para rexeitar a quita e o troco por accións. Imaxe de @pedrocanido.
O xuíz imputa os principais empresarios de España por suposto financiamento ilegal do PP. Gómez Bermúdez quere saber se pagaron ao partido a cambio de adxudicacións de obras e contratos públicos.
O presidente da Xunta foi increpado esta mañá en Madrid por membros da Plataforma de Afectados por la Hipoteca, que agardaban polos dirixentes do PP que acudían á conferencia de María Dolores de Cospedal no hotel Ritz. Terra Noticias ofrece un vídeo da protesta.
Unha petición en change.org demándalle a Gadis que "non tire comida aproveitable" e que a doe a entidades que axudan a persoas sen recursos.