Os afíns a Pedro Sánchez copan todos os delegados nas listas par ao congreso do PSOE. O PSdeG pontevedrés estará representado por 16 'sanchistas' e o de Lugo por once apoios do novo secretario xeral, encabezados polo alcalde de Pedrafita. A presidenta da xestora, Pilar Cancela, aposta por "unha oposición máis contundente" por parte do PSdeG.
Fálase
Puigdemont convoca os partidos favorables ao referendo para fixar pregunta e data. O presidente dáse un prazo de dúas semanas para pechar a data na que se celebrará a consulta.
O Fabril, filial do Deportivo, ascende a 2ª B logo de vencer o Cacereño 2-0 en Riazor. O filial do Celta caeu este sábado na fase de ascenso a 2ª División ante o Mestalla.
A Audiencia Nacional investiga os ingresos de Gallardón polo caso do Canal de Isabel II. Solicita a información tributaria "completa" do ex-ministro e as súas "operacións con terceiros derivadas de actividades profesionais".
O Atlético Guardés fai historia e gaña a Liga de balonmán feminino. A vitoria ante o Granollers dálle o título ao conxunto da Guarda.
O Cangas vence o Bidasoa (31-27) e consegue a permanencia na Liga Asobal. A vitoria do Ademar León ante o Villa Aranda permítelle ao equipo do Morrazo seguir un ano máis na elite. Na vindeira tempada, haberá derbi entre os cangueses e o Teucro de Pontevedra.
A columna galega das Marchas da Dignidade camiña xa polas rúas de Madrid, que acollerá unha nova manifestación reclamando "pan, traballo e teito".
Comeza en Compostela o congreso da CIG, onde Paulo Carril substituirá a Suso Seixo na secretaría xeral. O cónclave celebrarase durante este sábado e mañá domingo.
O TSXG tomba a repartición do principal fondo de financiamento ás universidades. O tribunal avala a reclamación da Coruña, que pide ata 7,5 millóns do plan 2011-2015. Cóntao Faro de Vigo.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense empregará unha apisonadora para crear un gravado de grandes dimensións como homenaxe a Carlos Casares. A iniciativa, coordinada polo artistas Fonso Castro, Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras, evocará pasaxes de Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Vento ferido e O sol daquel verán. Será este sábado ás 18 horas nos exteriores da entidade.