Milleiros de persoas bótanse á rúa na Arxentina contra os asasinatos machistas ao berro de "ni una menos".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/580877100d6c0-vuelven-marchar-feminicidios-asesinato-argentina_ediima20161018_0893_4.jpg)
Milleiros de persoas bótanse á rúa na Arxentina contra os asasinatos machistas ao berro de "ni una menos".
#WOMEX16 O concerto inaugural abre a porta do Womex 2016, a feira de músicas do mundo que se celebra ata o día 23 en Santiago
Membros do Goberno de Rajoy dan por feito que De Cospedal será ministra no vindeiro gabinete do PP. Cóntao eldiario.es
O Concello de Lugo non cobrará taxas de auga e lixo a persoas con pensión non contributivas. O goberno local, do PSdeG, vén de aceptar a proposta de Lugonovo no marco da negociación das novas ordenanzas fiscais do municipio.
A dirección provincial do PP da Coruña frea a asistencia dos seus alcaldes ao inicio da creación da Área Metropolitana. Os restantes 7 rexedores si acudirán ao encontro auspiciado polo coruñés, Xulio Ferreiro. Os alcaldes de Abegondo, Arteixo e Carral acolleran previamente o inicio do proceso como unha boa nova. Cóntao La Opinión.
Clinton e Trump desprézanse no seu derradeiro debate presidencial. O candidato republicano evitou aclarar se aceptará o resultado das eleccións estadounidenses.
#WOMEX16 Comeza arestora en Santiago o Womex 2016 co concerto inaugural da feira de músicas do mundo. Repasa aquí algún dos artistas e bandas máis destacados do certame e a representación galega (imaxe: Nordesía)
Pego e Gorriarán deberán devolver 10,4 millóns das indemnizacións a Abanca. A Audiencia Nacional condena aos exdirectivos a indemnizar á sucesora de NCG e non ao FROB.
Os 39 inmigrantes que esta noite levaron a cabo unha proposta no Centro de Internamento de Aluche serán expulsados de España. Podes ver a entrevista que Galiza Ano Cero lle fixo a Xosé Quiroga, integrante dos colectivos Tanquem els CIEs e Migrarte
Esta noite celébrase o terceiro e definitivo debate entre Hillary Clinton e Donald Trump, ao que a candidata demócrata chega cunha diferenza media de sete puntos nas sondaxes.