Esta noite celébrase o terceiro e definitivo debate entre Hillary Clinton e Donald Trump, ao que a candidata demócrata chega cunha diferenza media de sete puntos nas sondaxes.
Fálase
En Marea e PSdeG exercerán a vicepresidencia primeira e a vicesecretaría do Parlamento, respectivamente, segundo confirman fontes parlamentarias a Praza.gal. Os grupos da oposición tecen así o primeiro pacto da lexislatura, obrigado polo empate a 14 escanos entre a segunda e a terceira forza máis votadas o 25S. O BNG, que participou nas conversas, xa advertira de que non reclamaría para si un deses postos. A información, hoxe en Praza.
Galicia é a autonomía con menor implantación do coche eléctrico, segundo un estudo da Federación Europea do Transporte que debulla o diario Ara
A UE adía ata o venres a decisión sobre a sinatura do tratado comercial con Canadá (CETA), ante a resistencia de Bélxica a asinalo (trala negativa do Parlamento de Valonia) e as obxeccións parciais de Bulgaria, Rumanía, Austria, Polonia e Suecia,
Este mércores comeza en Compostela o Womex 2016 co Concerto de Apertura, que a partir das 20.00 horas reunirá no escenario do Auditorio unha escolla da mellor música de raíz que se fai na Península Ibérica: Kepa Junquera, María Arnal & Marcel Bagés, Carmen París, Talabarte e o Cuarteto Caramuxo.
Catro de cada dez xubilados/as reciben pensións por debaixo do salario mínimo, o 67% no caso das mulleres.
O PSOE dá por feito que a opción da abstención na investidura de Rajoy gañará o domingo no Comité Federal con gran diferenza. Tan só o PSC e algúns deputados illados manteñen a determinación de romper a disciplina de voto.
Unha trintena de internos do CIE de Aluche (Madrid) amotínase pedindo "liberdade" e"dignidade". A policía impediu a entrada do concelleiro de Seguridade da cidade e de varios deputados, que querían informarse sobre o que sucedía
#TemosOPoder A Federación Galega de Balonmán lanza unha campaña de promoción deste deporte co gallo dos vindeiros derbis galegos entre Porriño e Guardés, na liga feminina, e Cisne e Teucro, na División de Prata. A campaña inclúe unha serie de vídeos, o primeiro dos cales pode verse xa en Pontevedra Viva
Feijóo entrega este mércores ao ex-seleccionador español Vicente del Bosque o título de Embaixador do Camiño, que xa recibiu o Rei e que ten pendente Rajoy. Hai xusto dous meses repasamos as condecoracións novas que creou o Goberno galego e as que xa tiña pero esqueceu.