A UE adía ata o venres a decisión sobre a sinatura do tratado comercial con Canadá (CETA), ante a resistencia de Bélxica a asinalo (trala negativa do Parlamento de Valonia) e as obxeccións parciais de Bulgaria, Rumanía, Austria, Polonia e Suecia,
Fálase
Este mércores comeza en Compostela o Womex 2016 co Concerto de Apertura, que a partir das 20.00 horas reunirá no escenario do Auditorio unha escolla da mellor música de raíz que se fai na Península Ibérica: Kepa Junquera, María Arnal & Marcel Bagés, Carmen París, Talabarte e o Cuarteto Caramuxo.
Catro de cada dez xubilados/as reciben pensións por debaixo do salario mínimo, o 67% no caso das mulleres.
O PSOE dá por feito que a opción da abstención na investidura de Rajoy gañará o domingo no Comité Federal con gran diferenza. Tan só o PSC e algúns deputados illados manteñen a determinación de romper a disciplina de voto.
Unha trintena de internos do CIE de Aluche (Madrid) amotínase pedindo "liberdade" e"dignidade". A policía impediu a entrada do concelleiro de Seguridade da cidade e de varios deputados, que querían informarse sobre o que sucedía
#TemosOPoder A Federación Galega de Balonmán lanza unha campaña de promoción deste deporte co gallo dos vindeiros derbis galegos entre Porriño e Guardés, na liga feminina, e Cisne e Teucro, na División de Prata. A campaña inclúe unha serie de vídeos, o primeiro dos cales pode verse xa en Pontevedra Viva
Feijóo entrega este mércores ao ex-seleccionador español Vicente del Bosque o título de Embaixador do Camiño, que xa recibiu o Rei e que ten pendente Rajoy. Hai xusto dous meses repasamos as condecoracións novas que creou o Goberno galego e as que xa tiña pero esqueceu.
Antón Sánchez e Carmen Santos exercerán as viceportavocías primeira e segunda de En Marea no Parlamento. Así o confirmou este martes Luís Villares tras a xuntanza do grupo, que designou tamén a Eva Solla como representante na Mesa da Cámara.
As traballadoras de Extel na Coruña, que este martes levan a cabo unha nova xornada de folga, realizaron unha acción reivindicativa rodeando a Torre de Hércules. O ERE presentado na empresa, ao abeiro da última reforma laboral, pode deixar sen emprego a 205 persoas na cidade.
Os peritos da aseguradora de Renfe ratifican ante o xuíz de Angrois que Adif non analizou o riscos da liña Ourense-Santiago de xeito integral. A Avogacía do Estado discrepa sobre a obrigatoriedade de facelo. Os técnicos veñen de rematar a súa comparecencia nos xulgados tras tres horas. Toda a información, hoxe en Praza.