Antón Sánchez e Carmen Santos exercerán as viceportavocías primeira e segunda de En Marea no Parlamento. Así o confirmou este martes Luís Villares tras a xuntanza do grupo, que designou tamén a Eva Solla como representante na Mesa da Cámara.
Fálase
As traballadoras de Extel na Coruña, que este martes levan a cabo unha nova xornada de folga, realizaron unha acción reivindicativa rodeando a Torre de Hércules. O ERE presentado na empresa, ao abeiro da última reforma laboral, pode deixar sen emprego a 205 persoas na cidade.
Os peritos da aseguradora de Renfe ratifican ante o xuíz de Angrois que Adif non analizou o riscos da liña Ourense-Santiago de xeito integral. A Avogacía do Estado discrepa sobre a obrigatoriedade de facelo. Os técnicos veñen de rematar a súa comparecencia nos xulgados tras tres horas. Toda a información, hoxe en Praza.
Carlos Mouriño propón que o Celta merque o estadio de Balaídos para garantir o "futuro" do club, como alternativa á venda. Entre duras críticas á voceira local do PP, Elena Muñoz, o presidente do club pide un trato semellante ao doutros clubs do Estado. "Ou o facemos entre todos ou marcho coa conciencia tranquila", afirma, mentres confirma ter ofertas para vender o club. A última, revela, "onte mesmo" dun "grupo de Qatar". Máis información, hoxe en Praza.gal.
AO VIVO Chegan aos xulgados de Santiago os peritos do caso Angrois. A súa declaración fora adiada despois de que Fomento revelase os documentos sobre o accidente que "omitiu" durante tres anos malia ser "relevantes", segundo o propio Ministerio. Toda a información, hoxe en Praza.
Iníciase a batalla de Mosul, na que exércitos iraquíes e kurdos buscan recuperar a cidade, cunha poboación de 1.5 millóns de persoas e principal bastión do ISIS
A Coruña e os nove concellos do Consorcio As Mariñas -Arteixo, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Carral, Oleiros e Sada- acordaron iniciar "de inmediato" a tramitación dunha Lei da Área Metropolitana
O DOG publicou este luns o decreto de fusión de Cerdedo e Cotobade e este xoves constituirase a comisión xestora que xestionará o novo concello ata as eleccións de 2019.
A Fiscalía Xeral do Estado pide o arquivo da querela criminal presentada contra Jorge Fernández Díaz polas gravacións nas que conspira co xefe da Oficina Antifraude catalá para fabricar escándalos contra ERC e CDC
O tribunal rexeita citar como testemuñas os ministros do Goberno de Aznar e os propietarios das construtoras que presuntamente pagaron as mordidas. As acusacións de Correa quedan polo de agora nun limbo xudicial