O tribunal rexeita citar como testemuñas os ministros do Goberno de Aznar e os propietarios das construtoras que presuntamente pagaron as mordidas. As acusacións de Correa quedan polo de agora nun limbo xudicial
Fálase
O persoal de Extel en todo o Estado convoca unha nova xornada de folga este martes 18. Na Coruña, as traballadoras realizarán unha acción de protesta, rodeando a Torre de Hércules ás 12 horas.
Arquivada a causa contra o Sergas pola calidade das agullas de insulina. O xulgado, di a Xunta, "recolle que a Administración tivo en conta as reclamacións que recibira sobre a calidade das agullas". O Sergas indica ademais que "lamenta profundamente que se teñan utilizado probas falsas no proceso xudicial", iniciado a instancias de SOS Sanidade, en referencia ás radiografías difundidas pola plataforma.
A presidenta da xestora do PSdeG lamenta a pouca "intensidade" da campaña do 25S dunha parte do partido e advirte que sería "un sapo" para a representación dos socialistas galegos no Congreso ter que absterse ante o goberno de Rajoy. Afirmouno na Cadena SER Galicia.
O programa 'Salvados' vén de emitir 'Astral', o filme documental sobre o rescate de persoas refuxiadas no Mediterráneo por parte da ONG Proactiva. O pasado verán un equipo de Praza informou dende Grecia sobre o traballo deste persoal voluntario e da acollida e problemas da poboación refuxiada no proxecto Heterotopias Refuxiadas. Repásao aquí
Pedro Sánchez valora deixar o seu escano se a dirección provisional do PSOE forza a abstención para que goberne o PP. Unha información de eldiario.es
A Xunta defende o uso hoteleiro do castelo de Monterrei malia as sentenzas que declaran ilegais as obras.
Á espera do partido que o Celta está a piques de xogar ante o Vilareal, mala xornada para os equipos galegos. Derrotas de Deportivo (4-0 ante o Barça) e Lugo (0-1 ante o Getafe) e na Segunda B vitorias de Celta B e Pontevedra, derrotas de Coruxo e Somozas e empates de Boiro e Racing de Ferrol
As pensións subirán en 2017 só o mínimo establecido pola lei (o 0,25%) por cuarto ano consecutivo. Economistas consultados por InfoLibre cren que o vindeiro goberno axustará os 5.000 millóns de euros esixidos por Bruxelas a través dun aumento impositivo e a conxelación das prestacións.
Dieter Moure, entrevistado por RNE, afirma que "o presidente da CEG é un reo dos presidentes provinciais". O ex presidente dos empresarios galegos, dimitido a pasada semana, detalla a gravidade da situación económica que vive a entidade.