Os Estados Unidos poñen fin á neutralidade da Rede. Velaquí as consecuencias, explicadas en eldiario.es
Fálase
A Xunta amplía de un a tres anos o seu cheque bebé pero o seu pagamento pasará de mensual a semestral. E mentres no primeiro ano a renda familiar poderá chegar ata os 45.000 euros, para ter dereito a el durante os dous anos seguintes non non poderá superar os 22.000 euros.
Augas de Galicia desestima o recurso de Ferroatlántica e confirma que non se pode desvincular a actividade das centrais da de ferroaliaxes. O comité de empresa amosa a súa "satisfacción" por un ditame que volve confirmar o fracaso de Villar Mir no seu intento de vender as hidroeléctricas.
O Goberno británico sofre unha dura derrota parlamentaria que o obrigará a someter a votación os acordos do Brexit. A rebelión de varios conservadores provocou o fracaso do Executivo de Theresa May.
A Audiencia impón unha fianza de 80 millóns a Gayoso e outros sete ex-directivos de Caixanova polo caso Alfageme, no que a entidade concedeu 135 millóns a unha promotora para a compra desta conserveira. O que fora tamén copresidente de Novacaixagalicia saíu da cadea o pasado verán.
“Bravo señor Abel Caballero”. Un concelleiro do PP de Pontevedra eloxia o alcalde de Vigo na súa conta de Facebook pola decoración de Nadal da cidade fronte ao que considera un desprezo do goberno do BNG en Pontevedra. Recólleo Vigoé.es
Feijóo asegura que “o ano histórico” do Xacobeo non foi 1993 senón que “está previsto para 2021”. “Levábamos séculos agardando este momento”, di na recepción do peregrino 300.000 que chega este ano a Compostela. O arcebispo salienta que “os peregrinos nunca son un problema”. O Concello compostelán vén defendendo dende 2015 a necesidade dunha nova regulación turística na cidade, que a Xunta rexeita.
Abegondo tamén denuncia a AP-9 na UE por seguir sen pagar o IBI grazas a un beneficio do franquismo. Únese ao Concello de Betanzos, o primeiro que demandou a Audasa por unha axuda de Estado que considera "ilegal".
Seguimento masivo da segunda xornada de folga na Xustiza en Galicia. Arredor dun 90% dos traballadores secundan o segundo paro, segundo os sindicatos, logo do levado a cabo o pasado 1 de decembro. Suspendéronse centos de xuízos en todo o país. A Xunta fala dun seguimento de menos do 50%.
Este mércores prevese a chegada do peregrino número 300.000 a Santiago no que vai de ano. Durante todo 2016 chegaran á capital galega 277.854 persoas a peregrinar que recibiron a certificación oficial, segundo datos da oficina de acollida, que depende do Arcebispado. O Concello compostelán vén defendendo dende 2015 a necesidade dunha nova regulación turística na cidade, que a Xunta rexeita.