El País analiza a situación das nenas e nenos que fican sen familia por mor do ébola en Serra Leona.
Fálase
Dirixentes do PP opóñense a que Rajoy ilegalice en solitario os gobernos municipais de coalición. Cóntao El Diario.
O concurso eólico só xerou o 13% do emprego prometido pola Xunta, segundo cálculos de La Voz
A banda amiense Biribirlocke gaña o concurso de grupos emerxentes do festival Revenidas.
GZ Foto recompila nunha galería de imaxes os actos de lembranza a Alexandre Bóveda celebrados este domingo co gallo do Día da Galiza Mártir.
Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Volvemos o luns!
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia a aparición de listas de espera en Atención Primaria e o "deterioro da calidade" de asistencia, coa "masificación" das consultas.
A Marea Atlántica da Coruña realizará nos vindeiros días as súas primeiras mareas sectoriais e de barrio. O mércores 20 terá lugar a Marea da Agra do Orzán e o xoves 21 a Marea da Cultura
Unha nova concentración, este xoves en Verín, rexeitou a conversión do Castelo de Monterrei nun hotel de luxo, e demandou un "uso público e cultural" para o monumento
La Opinión analiza a práctica, cada vez máis estendida, de mercar e vender libros de texto usados a través de internet, unha alternativa para as zonas ou centros que non contan con bancos de libros.