El Diario entrevista a deputada da CUP Anna Gabriel, que recoñece que a súa formación non foi capaz de escapar do debate entre Mas e a convocatoria de novas eleccións. Di que fracturar a CUP é o mellor agasallo que lles poden facer aos seus adversarios políticos e engade que "ogallá puidéramos explorar con En Comú o terreo do proceso constituínte"
Fálase
Oriol Junqueras (ERC) rexeita a convocatoria de eleccións en Catalunya, di que o acordo de investidura é aínda posible e insta a Junts pel si e CUP a sentar a negociar. "O mandato do 27-S é para agora", di.
Antonio Baños renuncia ao seu escano pola CUP tras a decisión da formación de non apoiar a investidura de Mas. El Nacional publica a súa carta de dimisión, na que explica os seus motivos, "estritamente políticos".
Gciencia destaca que un estudo da USC identificou máis de 100 palabras para denominar a chuvia na lingua galega. A investigación foi desenvolvida pola catedrática Elvira Fidalgo
Os usuarios e usuarias galegas de Blablacar aumentaron un 116% este nadal, segundo datos ofrecidos pola propia compañía. Un total de 125 mil persoas empregaron os seus servizos nalgún momento en Galicia.
A táboa periódica engade catro novos elementos químicos superpesados, descubertos por un equipo ruso-americano e por un equipo xaponés. Trátase da primeira modificación da táboa dende 2011.
A caída das bolsas chinesas (que pecharon cando acumulaban perdas do 7%) leva ao IBEX-35 a un recorte de case tres puntos.
A CUP propón investir a Junqueras, Romeva ou a converxente Munté. As direccións de CDC e ERC reuniranse este luns por separado para analizar a situación.
Galicia lidera a caída da poboación rural no Estado cun descenso do 7% desde 2008. Os pequenos concellos perden 25 habitantes por día e o 70% dos cidadáns galegos concéntranse en 86 municipios.
Ciudadanos considera que o AVE "non é prioritario" para Galicia. A voceira do partido no país, Olga Louzao, di que a formación tiña e ten propostas "moi claras" para a comunidade.