A esta hora reúnese no Parlamento a Xunta de Portavoces para configurar a orde do día do primeiro pleno ordinario da lexislatura, que se celebrará a vindeira semana
Fálase
Aznar pide a Rajoy que "actúe con todas as consecuencias" ante a "aventura secesionista" de ERC e CiU.
O Concello de Santiago vén de anular a rolda de prensa que tiña prevista a súa concelleira de Educación para esta mañá. Hoxe transcendeu que a edila está citada a declarar como imputada no caso Pokémon.
Xogadores do Obradoiro de baloncesto axudaron onte a darlle a volta a un vehículo accidentado nas proximidades do aeroporto de Santiago. En Galiciaé
Continúan en Catalunya as protestas contra a reforma educativa, que inclúen a edición dun vídeo sobre os "tópicos" arredor do ensino en lingua catalá. Cóntao Vilaweb. En Galicia, as mobilizacións comezan mañá.
Caixas en problemas propoñen cambiar salario variable por accións. Esta é a proposta nalgunhas entidades ante os duros plans de axuste, segundo conta Cinco Días.
Máis de 200 persoas pediron onte en Vigo o indulto para David Reboredo nun acto no que tamén participou o seu pai e o resto da súa familia. Os asistentes ao acto levaban unha venda nos ollos representando a xustiza.
Afectados polas preferentes do Baixo Miño péchanse no Concello do Rosal e anuncian que están dispostos a pasar ali todas as festas de nadal e reis e só rematarán co peche cando recuperen os seus cartos.
A investigación do caso Pokémon chega ao goberno local de Santiago. A concelleira popular Rebeca Domínguez e un funcionario municipal están imputados en relación cunha gardería xestionada por Vendex.
El Economista especula con que Berlusconi apostará por un discurso fortemente antieuropeista para tentar gañar as eleccións do vindeiro ano.