Xogadores do Obradoiro de baloncesto axudaron onte a darlle a volta a un vehículo accidentado nas proximidades do aeroporto de Santiago. En Galiciaé

Xogadores do Obradoiro de baloncesto axudaron onte a darlle a volta a un vehículo accidentado nas proximidades do aeroporto de Santiago. En Galiciaé
Continúan en Catalunya as protestas contra a reforma educativa, que inclúen a edición dun vídeo sobre os "tópicos" arredor do ensino en lingua catalá. Cóntao Vilaweb. En Galicia, as mobilizacións comezan mañá.
Caixas en problemas propoñen cambiar salario variable por accións. Esta é a proposta nalgunhas entidades ante os duros plans de axuste, segundo conta Cinco Días.
Máis de 200 persoas pediron onte en Vigo o indulto para David Reboredo nun acto no que tamén participou o seu pai e o resto da súa familia. Os asistentes ao acto levaban unha venda nos ollos representando a xustiza.
Afectados polas preferentes do Baixo Miño péchanse no Concello do Rosal e anuncian que están dispostos a pasar ali todas as festas de nadal e reis e só rematarán co peche cando recuperen os seus cartos.
A investigación do caso Pokémon chega ao goberno local de Santiago. A concelleira popular Rebeca Domínguez e un funcionario municipal están imputados en relación cunha gardería xestionada por Vendex.
El Economista especula con que Berlusconi apostará por un discurso fortemente antieuropeista para tentar gañar as eleccións do vindeiro ano.
60 manifestacións dixeron 'non' en Catalunya á reforma educativa do ministro Wert. As marchas foron convocadas por Somescola
Investigan os saúdos fascistas realizados durante un acto deportivo dun colexio de Valencia ao soar o himno español. En El País.
Vítimas do franquismo denuncian a España ante a Comisión Europea. Piden que busque aos 113.000 desaparecidos pola represión do franquismo. Cóntao El País.