Hoxe o solpor chegará antes ao Rio de Janeiro que á Costa da Morte. Explícao GCiencia
Fálase
Pedro Sánchez recibirá a Feijóo na Moncloa o 17 de xullo. O Goberno de España confirma a data xunto á da xuntanza de Sánchez coa presidenta andaluza, Susana Díaz. Este mércores xa anunciara encontros cos presidentes catalán e vasco.
Hoxe comeza o xuízo polo libro Fariña, secuestrado desde o mes de marzo logo dunha denuncia do ex-alcalde do Grove, Bea Gondar. A obra pódese mercar en Portugal na versión lusa pero segue censurada en España tras a decisión xudicial do pasado mes de febreiro.
18 detidos nunha importante operación policial na Coruña, ao pé do barrio de Monte Alto. A Delegación do Goberno vincúlaa ao tráfico de drogas pero non se descartan outras ramificacións. Está a informar Radio Coruña.
Feijóo asegura que "moi probablemente" presentaría candidatura a liderar o PP en 2020 "se o partido me necesita". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER na que agregou que cabe agardar que nese ano encabece a formación a persoa que sexa elixida no congreso do vindeiro xullo.
O Goberno de Sánchez aprobará este venres por decreto a renovación de RTVE tras expirar o mandato da dirección designada polo PP e tras o pacto dos populares con Ciudadanos para controlaren a elección da nova cúpula. Cóntao eldiario.es. En 2012 o Executivo de Rajoy mudou a lei para controlar os medios públicos estatais.
Pedro Sánchez inicia o 25 de xuño co lehendakari Urkullu a súa rolda de entrevistas cos presidentes autonómicos sen data aínda para Feijóo. O 9 de xullo o segundo será o catalán Torra, pero a nota de prensa de Moncloa non detalla máis nomes. Este mércores Feijóo avanzou que a súa reunión será tamén en xullo, pero a data aínda está sen concretar.
A xuíza acusa de sedición e atentado e envía envía a prisión provisional a unha persoa pola súa presunta implicación nos incidentes na primeira protesta contra o desaloxo da antiga Comandancia de Obras da Coruña. Outra persoa foi detida este martes, pero quedou en liberdade. Está a contalo La Opinión
Sete persoas son finalmente as que aspiran a presidir o PP unha vez pechada a admisión de candidaturas ás dúas desta tarde: A ex-vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría; a actual número 2 do partido, Dolores de Cospedal; o vicesecretario de Comunicación, Pablo Casado; o ex-ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo; o secretario de Relacións Internacionais do partido, José Ramón García-Hernández; o ex-lider das Nuevas Generaciones valenciás José Luis Bayo; e un concelleiro de La Font de la Figuera (Valencia), Elio Cabanes.
O Concello de Santiago abre unha investigación a un axente da policía local por pedir subornos para outorgar licenzas, segundo está a contar Europa Press na súa web. O axente foi cambiado de destino e, se se confirman os indicios de delito, o Concello informará á Fiscalía.