Mañá a axenda oficial do presidente da Xunta inclúe un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
Fálase
Morre aos 83 anos Maurice Sendak, autor de Onde viven os monstros, entre outras obras.
A Real Academia Galega pide á Xunta que tome en serio o seu financiamento e advirte que coa súa partida orzamentaria non poderán abrir o arquivo, a biblioteca nin o museo. Ademais, o presidente da entidade, Méndez Ferrín, tamén cualificou de "ofensa" que as academias vascas e cataláns reciban máis subvención que a galega.
A UE considera ilegais as subvencións outorgadas nos últimos anos pola Generalitat Valenciana aos estudios cinematográficos da Cidade da Luz de Alacante. Obriga ao complexo a devolver 256 millóns de euros á administración.
Os impulsores do movemento de insubmisión fiscal en Catalunya anuncian que, ademais do IVE, a partir de agora ingresarán tamén o IRPF e o imposto de sucesións na Axencia Tributaria Catalá. Ademais, valoran a posibilidade de presentarse ás eleccións á marxe dos partidos políticos.
O escritor e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo Claudio Rodríguez Fer foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes
A CIG propón que os directivos de Novagalicia Banco cobren o mínimo legal do plan de pensións: 1 euro. “Unha proposta que pensamos ten toda a lexitimidade e que ten amparo legal”, explica a central nacionalista, que cre que os xestores "xa recibiron indemnizacións multimillonarias, malia a súa responsabilidade na xestión da entidade"
Bruxelas non descarta dar máis tempo a España para recortar o déficit. O vicepresidente da Comisión Europea e responsable de Asuntos Económicos e Monetarios, Olli Rehn, di que podería aumentar o prazo un ano, até 2014, se o Estado "resolve problemas en banca e rexións".
Segundo a enquisa do CIS, a folga xeral do 29M foi un "fracaso" para a metade dos españois, e un "éxito" para o 21%. A percepción positiva é maioritaria entre os votantes de IU e está igualada coa negativa entre os electores do PSOE. Porén, a autoubicación ideolóxica dos cidadáns xira á esquerda e sitúase no 4,68 (1 para extrema esquerda, 10 para extrema dereita). É a posición máis esquerdista dende abril de 2009.
O desemprego e a situación económica seguen sendo os dous problemas que preocupan máis aos cidadáns, aínda que a percepción conflitiva de "os políticos", a corrupción, a sanidade e a educación manteñen taxas elevadas. A valoración de todos os principais líderes políticos descende dende a enquisa precedente do CIS.