O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, negou este martes que pida continuar á fronte do partido un ano máis e asegurou que entre finais de xaneiro e mediados de febreiro saberase o calendario para renovar á dirección socialista galega
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, negou este martes que pida continuar á fronte do partido un ano máis e asegurou que entre finais de xaneiro e mediados de febreiro saberase o calendario para renovar á dirección socialista galega
Acelérase a migración da audiencia da prensa impresa cara aos medios dixitais. En 2012 a audiencia da prensa dixital creceu un 19% fronte á caída constante das audiencia en papel. A prensa impresa mantén 14 millóns de lectores diarios por 12 millóns da prensa dixital.
A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que a Xunta pretende dar un paso máis no repago sanitario: o pago de próteses medicas
Unió admite que se financiou ilegalmente con fondos da UE. Xa consignou uns 400.000 euros para facer fronte ás indemnizacións do caso 'Pallerols'.
Compromiso por Galicia aposta pola eliminación da Administración periférica do Estado e defende a “administracion única”. O seu secretario xeral, Xoán Bascuas, afirma que "Galicia non pode continuar cunha organización territorial desaquelada, fonte de duplicidades e ineficiencias, cun modelo cheo de solapamentos competenciais, dispendioso e ineficiente para os novos tempos"
Traballadores de Novagalicia Banco ocupan unha oficina en Barcelona. As protestas contra o ERE previsto espállanse xa a Cataluña, onde varios delegados sindicais comezaron un peche de 24 horas.
O Goberno central eleva á categoría de "gran proxecto nacional" a candidatura olímpica de Madrid, cuxos gobernos local e rexional teiman en lograr ser sede dos Xogos, desta volta para 2020.
O conselleiro de Sanidade de Madrid defende que privatizar hospitais e centros de saúde "motiva" os profesionais da Medicina. Nunha entrevista na Cadena SER
A OCDE advirte de que as autoridades españolas fan 'a vista gorda' cos subornos no estranxeiro. En El Diario.
A Audiencia de Lugo deixa en liberdade provisional ao ex concelleiro lugués Francisco Fernández Liñares (PSdeG), encarcerado dende setembro. Cóntao Galiciaé