Compromiso por Galicia aposta pola eliminación da Administración periférica do Estado e defende a “administracion única”. O seu secretario xeral, Xoán Bascuas, afirma que "Galicia non pode continuar cunha organización territorial desaquelada, fonte de duplicidades e ineficiencias, cun modelo cheo de solapamentos competenciais, dispendioso e ineficiente para os novos tempos"