O Parador de Muxía non se construirá. O ministro de Industria, José Manuel Soria, anunciou esta mañá un importante recorte nestes equipamentos que leva por diante a instalación turística comprometida tras o afundimento do Prestige.

O Parador de Muxía non se construirá. O ministro de Industria, José Manuel Soria, anunciou esta mañá un importante recorte nestes equipamentos que leva por diante a instalación turística comprometida tras o afundimento do Prestige.
#debateautonomía A sesión reanúdase ás 16:30. Intervirá primeiro a voceira do BNG, Ana Pontón, e despois o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez e o popular Pedro Puy. A continuación, o presidente da Xunta responderá.
Mañá ás preséntase a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega. Será ás 11:30 no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Compostela.
#debateautonomía Comisións Obreiras censura a desaparición do Consello Económico e Social e asegura que as entidades representadas neste organismo non foron avisadas de que Feijóo o anunciaría no debate de política xeral
Nuns minutos ofrecémosvos en Praza a primeira crónica do debate de política xeral #debateautonomía
O diario La Información publica unha nova cos cinco grandes cambios a ter en conta para a declaración da Renda deste ano. A recuperación de Patrimonio ou a suba do IRPF son algunhas das novidades. Enlace á nova
#debateautonomía Feijoo dedícalle apenas uns segundos á Cidade da Cultura, culpa a ZP da fin das primas ao eólico e insiste en que o actual concurso "continuará". Sobre as participación preferentes das caixas, limítase a dicir que remitiu unha carta ao Goberno central para procurar solucións. En referencia ao Caso Campeón, o presidente da Xunta afirma que "hai sucesos nos tres partidos que nunca se deberon producir", e fala de actitudes "reprobables"
O Wall Street Journal publica unha nova na que asegura que España asume o novo mandato de Bruxelas, en base ao cal o recorte debe ser de 5.000 millóns de euros máis do inicialmente estimado por Mariano Rajoy. O obxectivo de déficit pasa do 5,8 ao 5,3%.
Feijoo comeza o Debate sobre o estado da Autonomía situándose como referencia no Estado por "anticiparse" na "austeridade" e anuncia a supresión dos vicevaledores do pobo, do Tribunal da Competencia e do Consello Económico e Social. Afirma, ademais, que a plataforma loxística do Sergas, criticada polos profesionais por ter xestión privada, aforrará 20 millóns de euros e promete aprobar a Lei de Espera Máxima no Sergas, incluída no seu programa electoral. Podedes seguir o debate en twitter no hashtag #debateautonomía
A estratexia ultraconservadora de Nicolás Sarkozy parece que está dando resultado. Por primeira vez supera ao candidato socialista, François Hollande, na enquisa que publica o diario Le Monde. A foto é do diario galo