Dimite Xaquín Charlín, o concelleiro do BNG de Cambados que cualificou de "chochito de oro" a vicepresidenta Sáenz de Santamaría. A dirección do Bloque xa o instara a deixar a sú acta de edil e subliña que "no seu seo non ten cabida este tipo de comportamento polo que actuará con contundencia sempre que sexa preciso"
Fálase
Varios colectivos están convocando para este xoves en Vigo unha concentración de solidariedade co pobo turco, contra a represión, a manipulación informativa e a brutalidade policial. Será ás 20.30 na porta do MARCO.
Jorquera "reproba" os comentarios "absolutamente machistas" do edil do BNG de Cambados. O voceiro do Bloque cre que o concelleiro debe "valorar" dimitir e senón, farao a Executiva Nacional do BNG, afirma.
Anova publica os resultados completos da votación á súa coordinadora nacional.
O BNG reproba o comentario sexista dun dos seus concelleiros en Cambados. Charlín González chamara "chochito de oro" á vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría no seu blog.
Fernando Vázquez volve reivindicar a selección galega de fútbol. "Facer un partido ao ano non me parece tanto", di nun almorzo da Asociación da Prensa da Coruña.
- Comeza na casa do Concello de Santiago o pleno monográfico sobre os afectados polas preferentes, coa intervención de tres cidadáns
Os comités de empresa de Renfe e Adif convocan unha manifestación o xoves 20 na Coruña en defensa do ferrocarril e para protestar polos últimos recortes
A arbitraxe das preferentes pecharase o 17 de xuño, coa previsión de devolverlle o 100% a uns 36.200 clientes. Outros 39.000 quedarán fora.
Rebelión interna en CCOO polo apoio do seu experto á reforma das pensións. Os membros do Gabinete Interfederal escribenlle unha carta a Toxo e á Executiva lamentando a decisión de Miguel Ángel García de aprobar o informe