A superficie queimada no incendio de Quiroga e Larouco xa chega ás 300 hectáreas, segundo a Xunta. O Goberno galego segue sen dar información de todos os lumes.
Fálase
En case unha trintena de municipios de menos de 5.000 habitantes o salario anual dos alcaldes supera os 40.000 euros, incluso os 50.000 segundo publica a Voz de Galicia. Nestes concellos, o coste medio por habitante da nómina do alcalde dispárase ata os 8,8 euros. Algúns exemplos son Celanova (Ourense) que con apenas 6.000 habitantes o seu alcalde cobra 63.000 euros, Muras, onde viven menos de 800 persoas e o seu alcalde cobra 54.300 euros ou Frades con menos de 2.700 habitantes e un salario anual de 50.500.
Bárcenas era foi o mellor pagado do PP en 2010 e 2011. Segundo El Mundo, o ex tesoureiro cobraba máis que Rajoy nos anos nos que, oficialmente, xa non pertencía ao partido.
Unha manifestación rexeitou a celebración de touradas este domingo en Pontevedra baixo o lema A tortura non é arte nin cultura. O vídeo é autoría de Gz Vídeos.
Bárcenas documenta ante o xuíz o suposto financiamento irregular do PP galego no ano 2006. Cóntao El País
Un incendio leva arrasadas xa 200 hectáreas en Vilanuiz (Quiroga) e Seadur (Larouco). A Xunta declarou este lume como nivel 1 o pasado serán pola súa proximidade a zonas habitadas. (Foto: @Briflaza)
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso dos seus traballadores. Pasádeo ben!
Pontevedra vivirá este sábado varias mobilizacións antitaurinas. Ás 20 horas está convocada unha manifestación na Praza da Peregrina. Ademais, o colectivo Igualdade Animal organiza ás 11.30 horas unha cadea humana que rodeará a Praza de Touros.
Ana Pastor pecha a súa comparecencia respondendo as preguntas dos distintos grupos. Recoñece que había "algunhas interacións" entre o ERTMS e o ASFA e "os técnicos decidiron que mentres non se solucionase había que recorrer ao ASFA". A ministra de Fomento concorda coa necesidade de crear "unha comisión específica que analice como está o sistema e como se pode mellorar". Toda a información, nuns minutos en Praza.
Simancas (PSOE) destaca que "non hai aforro nin présa que pase por riba da seguridade, nin agora nin antes". O voceiro socialista afirma que o obxectivo do seu grupo é "estar coas vítimas, esclarecer as bases do accidente e poñer as bases para que isto non volva ocorrer". Laura Seara (PSdeG-PSOE) reclama "a modernización do ferrocarril e a chegada da alta velocidade a Galicia".