ACS vende Urbaser a un grupo chinés. A empresa encárgase da planta de residuos da Coruña, da depuradora de Ferrol ou da recollida do lixo de Lugo, entre outras moitas subcontratas en Galicia.
Fálase
Esta noite (dúas da madrugada en España) celebrarase o primeiro debate electoral entre Hillary Clinton e Donald Trump, de cara ás eleccións de novembro. Nas vindeiras semanas haberá outros dous.
O PNV gañou as eleccións vascas con claridade, obtendo 29 escanos (dous máis que en 2012). EH Bildu acadou 17 (-4). Podemos é a terceira forza, con 11 deputados/as. PSOE e PP fican en 9, perdendo sete e un con respecto a hai catro anos.
Nas sete cidades, o escrutinio oscila entre o 68% de Lugo, o 64% de Ourense, o 59% de Ferrol e o 58% de Vigo ata os niveis, máis limitados de Pontevedra (48%), A Coruña (44%) ou Santiago (38%)
Na Coruña e Pontevedra o escrutinio supera o 40%. Porén, un bo número de concellos nestas provincias xa completaron o reconto: Somozas, Cedeira, Boimorto, Cerdido, Coristanco, Curtis, Dumbría, Frades, Mazaricos, Mesía, Monfero, Muxía, Toques, Tordoia, Val do Dubra, As Neves, Campo Lameiro, Cerdedo, Dozón, Fornelos de Montes, Meaño ou Rodeiro
O escrutinio chega ao 25%. Nas provincias de Lugo e Ourense, que superan xa o 40 por cento, está pechado xa o reconto nun bo número de concellos: Abadín, Baleira, Barreiros, Muras, Negueira de Muñiz, Pantón, Samos, A Merca, Baltar, Beade, Calvos de Randín, Cualedro, Gomesende, Manzaneda, Nogueira de Ramuín, O Irixo, Oímbra, Os Blancos, Pontedeva, San Xoán de Río, Sandiás, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós ou Xunqueira de Ambía
Comeza o escrutinio. Pódese seguir o seu avance en tempo real.
A participación iguálase, practicamente, coa de 2012 no avance das 17:00. Sitúase na contorna do 42%. Toda a información, polo miúdo, neste espazo.
Xoán Bascuas votou esta mañá nas Escolas Vellas de Marcelle, na Baña.
Consulta neste gráfico en que comarcas creceu máis a participación ás 12 do mediodía con respecto ao dato de 2012 e en cales se está a producir unha menor mobilización en comparación cos últimos comicios.