As Marchas da Dignidade e outros colectivos sociais maniféstanse contra a presenza do rei de España este xoves na Coruña. Convocan unha concentración ás 18.30 horas diante do Museo de Belas Artes, onde tamén se manifestará a CRMH, que lle entregou unha carta ao xefe do Estado exixíndolle a retirada da simboloxía franquista.
Fálase
O vindeiro martes 24 a Plataforma Víctimas Alvia 04155 entregará no Congreso dos Deputados as 115.000 sinaturas recollidas a través de change.org esixindo a apertura dunha comisión de investigación sobre o accidente
A Xustiza perde o expediente polo borrado dos ordenadores de Bárcenas e cita as partes para a súa reconstrución. Cóntao a Cadena SER
Condenado a dez anos de cadea o ladrón do Códice Calixtino. O tribunal condena a Fernández Castiñeiras por furto, robo continuado e branqueo, absolve o fillo e condena a seis meses á muller.
As TIC galegas prevén incrementar os seus cadros de persoal nun 30% no 2015, segundo unha enquisa realizada polo Clúster TIC Galicia entre as súas empresas socias. O 81% das compañías prevén contratar novos traballadores e traballadoras, especialmente para programación, desenvolvemento de apps para móbiles, virtualización, consultores e comerciais TIC.
A campaña de crowdfunding posta en marcha por Ecoar para financiar as xornadas Recuperar soberanía, Desarmar o TTIP chega ao seu ecuador acadando o 44% do seu obxectivo. As xornadas abriranse o vindeiro 26 de marzo en Vigo cunha conferencia de Susa George e continuarán nas semanas seguintes con actos en Compostela, A Coruña e na propia cidade olívica.
Besteiro confirma que non se presentará ás municipais para "centrarse" na política de ámbito galego e no liderado do PSdeG. A información, hoxe en Praza.
Un de cada dous empregos que ofrecen os servizos da Xunta está fóra de Galicia. O Servizo Galego de Emprego ofrece traballo en Dinamarca, Bélxica, Francia, Noruega, Alemaña ou Suecia para médicos, chóferes ou obreiros.
O barco trasladarase hoxe á rotonda de Coia e a asemblea do barrio xa convocou unha manifestación partir das 20.30 fronte ao auditorio Mar de Vigo.
Aparecen pintadas nazis na sede do BNG de Caldas, cuxo símbolo foi apuntado cunha diana. O voceiro municipal asegura que as ameazas "non van parar o Bloque".