CGT convoca unha folga en Renfe este venres. Os paros afectarán en Galicia sobre todo aos servizos de media distancia, cancelándose dez trens en Vigo e sete na Coruña
Fálase
El Diario analiza nunha reportaxe o crecemento en Grecia das iniciativas de autoxestión, a economía cooperativa e as redes de solidariedade
Este luns ábrese o prazo para votar os consellos cidadáns e secretarios xerais locais de Podemos. As persoas inscritas na formación poderán votar a través da web ata o día 30. E o día 2 anunciaranse os resultados.
Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso do persoal. Pasádeo ben!
Podemos convida a compartir en Twitter os comentarios que xurdan sobre a formación durante as ceas de Noiteboa
Cáritas reproba o panfleto editado polos responsables do seu roupeiro na Coruña no que se informaba dunha quenda para "xitanos" e outra, para "persoas en xeral".
Hoxe hai un ano finou Germán Coppini. O grupo malagueño Nectar estrea o videoclip da última canción gravada polo cantante de Golpes Bajos e Siniestro Total
Falece Baldomero Cores, académico, xornalista e primeiro letrado do Parlamento
Baltar admitiu ante a xuíza que o PP de Ourense recibía doazóns en metálico, segundo figura no novo treito do sumario da Pokémon que xa non é segredo. Nel tamén figura a investigación sobre o patrimonio do alcalde de Lugo, que segundo Vixilancia Aduaneira é menos do declarado polo propio Orozco na súa declaración de bens no Concello. Operación Pokémon
A veciñanza de Coia impediu un día máis o inicio das obras de instalación do Alfageme, que o Concello de Vigo insiste en levar a cabo a pesar do rexeitamento do pleno municipal e de que o convenio provincial da construción impide realizar esta actuación ata xaneiro. Veciños e veciñas ocupan a rotonda, continuamente vixilados pola Policía Local, mentres que a Policía Nacional xa anunciou que non intervirá