Xa está dispoñible no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta a Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán a comezos do século XIX, o primeiro mapa galego realizado con medicións matemáticas.

Xa está dispoñible no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta a Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán a comezos do século XIX, o primeiro mapa galego realizado con medicións matemáticas.
Renfe perde o dereito sobre a marca AVE na Unión Europea por non formular unha reclamación en inglés. Cóntao o xornal Expansión
O concelleiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, deixa a dirección de En Marea por "coherencia política". Di manter o seu "compromiso inquebrantable" coa formación pero asegura que abandona o seu posto por "lealdade".
A Federación Galega de Fútbol negocia para que Irlanda sexa a rival de Galicia no vindeiro partido amigable da selección. Confirmouno o seu presidente, Rafael Louzán, na Radio Galega.
Visto para sentenza o xuízo dos mariñeiros galegos polas pensións en Noruega. O Estado nórdico admite que tributaron naquel país e non cotizaron, pero nega que houbese "discriminación". A sentenza será emitida a finais deste mes ou principios de maio.
ETA abordará a súa disolución tras culminar a entrega de armas. En breve coñecerase a posición dos presos etarras sobre a aceptación ou rexeitamento da legalidade peniteciaria.
A Audiencia de Lugo desestima a recusación formulada por José Ramón Gómez Besteiro contra a xuíza Pilar de Lara. Segundo a Audiencia, non existe a "falta de imparcialidade" que denunciaba o ex-secretario xeral do PSdeG.
O xuíz suspende cautelarmente a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo tras o recurso formulado pola Xunta. Aquí toda a información.
VÍDEO | O vicepresidente do Parlamento expulsa do pleno a veciñanza de Teis e Chapela por protestaren durante o debate dunha iniciativa do BNG sobre o impacto da AP-9 na contorna de Redondela.