O xuíz suspende cautelarmente a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo tras o recurso formulado pola Xunta. Aquí toda a información.

O xuíz suspende cautelarmente a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo tras o recurso formulado pola Xunta. Aquí toda a información.
VÍDEO | O vicepresidente do Parlamento expulsa do pleno a veciñanza de Teis e Chapela por protestaren durante o debate dunha iniciativa do BNG sobre o impacto da AP-9 na contorna de Redondela.
Medio Rural obriga a cortar eucaliptos a 1.600 propietarios por plantalos en zonas prohibidas. Multou con ata 7.000 euros a 260 propietarios.
Mouriño dá o 'non' definitivo á concesión de Balaídos que lle ofreceu Caballero. Quere un estadio propio para o Celta, ben sexa en Vigo ou fóra da cidade. Cóntao Faro de Vigo.
O Constitucional suspende as partidas da Generalitat para o referendo e advirte ao Govern das consecuencias penais das súas actuacións.
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, comeza a súa actividade co coruñés Jorge Couceiro como presidente. A primeira presentación pública da entidade tivo lugar en Vigo o pasado venres cun Velorio pola cultura que reuniu a máis dun cento de persoas. En abril a asociación organizará na Coruña un congreso sobre asociacionismo cultural
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o prazo para votar os poemas finalistas do certame Ari[t]mar. As persoas que queiran participar poden emitir o seu voto ata o 20 de maio, escollendo entre tres poemas galegos e outros tres de Portugal. A iniciativa enmárcase na Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
#PGE A previsión de investimento do Estado en Galicia cae en 2017 un 32%, ata os 924 millóns de euros. Toda a información, esta tarde en Praza.
O ex-xefe de Seguridade de Adif investigado por homicidio e lesións en Angrois négase a declarar ante o xuíz que instrúe o caso ata que a Audiencia resolva sobre o recurso contra a súa imputación. Andrés Cortabitarte xa evitara declarar cando estivo imputado xunto a outros cargos da compañía pública. Toda a información, esta mañá en Praza.gal
O paro rexistrado baixa en Galicia en 1.868 persoas no mes de marzo e o descenso anual é de 21.741. O número de persoass afiliadas á Seguridade Social increméntase en 5.570. Máis información, esta mañá en Praza.