A dirección do PP de Casado rexeita a moderación que reclaman publicamente algúns dirixentes autonómicos cara aos procesos electorais. "O noso electorado quere contundencia", xustifica. Crónica de eldiario.es
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/feijoo-mani-colon-a73f373.jpeg)
A dirección do PP de Casado rexeita a moderación que reclaman publicamente algúns dirixentes autonómicos cara aos procesos electorais. "O noso electorado quere contundencia", xustifica. Crónica de eldiario.es
Ciudadanos ratifica que tras as eleccións xerais "non vai pactar co PSOE". O partido de Albert Rivera afirma que a decisión foi adoptada por "unanimidade" da súa dirección.
O sindicato médico O´Mega decide manter a folga nas Urxencias do Clínico de Santiago, que a comisión de centro deu xa por rematada tras aceptar o persoal a última proposta da xerencia.
As cidadanías de Catalunya, Euskadi e Galicia son as máis partidarias do diálogo entre o Goberno central e as forzas independentistas catalás. Segundo unha enquisa publicada por El Periódico de Catalunya, o apoio a ese diálogo acada en Galicia o 62%, mentres que a poboación partidaria dunha nova aplicación do artigo 155 á Generalitat non chega ao 30%. (Imaxe: Fernando Calvo / Goberno de España)
Tres galegas proclámanse campioas de Europa de fútbol sala coa selección española no primeiro torneo continental da historia tras vencer a Portugal (4-0). Silvia Aguete, Lucía Gómez e Vanessa Sotelo, nomeada mellor xogadora, subiron ao máis alto do podio.
A Xunta deixará de avisar por correo postal ao persoal interino que cobre baixas na Administración. De agora en diante os avisos serán por SMS e, "adicionalmente", o correo electrónico ou o seu propio sistema Notifica. Só en casos urxentes empregará a chamada telefónica, segundo informou
Golfiños entre bateas. O tempo anticiclónico dos últimos días permitiu ao Instituto BDRI estudar moi de preto estes animais na ría de Arousa. Nestas imaxes, dous exemplares de golfiños mulares saltan dentro dun polígono de bateas no Grove. "Os dous golfiños estaban a socializar cando foron gravados" e "a súa poderosa musculatura permítelles realizar estes saltos tan acrobáticos", explican.
Un PSOE á alza sería a forza máis votada nas eleccións xerais, pero unha alianza do PP con Ciudadanos e a extrema dereita de Vox rozaría a maioría absoluta, segundo unha enquisa de GAD3 para La Vanguardia.
Volve o lume ao monte en pleno inverno: Medio Rural informa de senllos incendios en Lobeira e Laza, este último con dez focos, que queimaron arredor de 65 e 24 hectáreas, respectivamente. Ambos están xa extinguidos. A Xunta non dá conta de máis incendios, se ben por mor da súa política informativa ao respecto isto non implica que non existan máis focos. Na imaxe, o lume en Lobeira (@EmerxenciasOu)
O PSOE sería a forza máis votada e a primeira do Congreso en eleccións xerais, pero o descenso de Podemos e as súas confluencias complicaría a gobernabilidade. Pola dereita, o forte devalo do PP sería compensado pola alza de Ciudadanos e a irrupción do partido de extrema dereita Vox. En ambas bandas cumprirían amplos pactos para formar goberno, segundo unha enquisa de GESOP que vén de publicar El Periódico de Catalunya