Gonzalo Caballero designa xestoras para dirixir o PSdeG na Coruña e Ourense ata as primarias dos próximos meses. Na Coruña estará encabezada polo vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e en Ourense por Miguel Bautista, alcalde de Petín. A medida prodúcese tras a dimisións de Julio Sacristán como secretario provincial na Coruña e da metade da executiva ourensá. En Ourense as primarias serán o 17 de decembro pero na Coruña aínda non hai data.
