O PALEXCO da Coruña acollerá entre os días 4 e 7 de xullo a primeira edición da Hobby Con, un evento que mesturará 4 tipos de feiras: un salón do cómic, unha convención de ficción científica, un salón do manga e unha feira do lecer.

O PALEXCO da Coruña acollerá entre os días 4 e 7 de xullo a primeira edición da Hobby Con, un evento que mesturará 4 tipos de feiras: un salón do cómic, unha convención de ficción científica, un salón do manga e unha feira do lecer.
O Parlamento portugués debate a esta hora a moción de censura impulsada polo Partido Socialista contra o Goberno de Passos Coelho. O PS defendía que os conservadores do PSD son "un obstáculo" para que o país veciño saia da crise e abandone o clima de "pre-ruptura social" no que se atopa. O diario Público ofrece o debate en directo.
A Casa Real amosa "sorpresa" pola imputación da infanta Cristina no caso Nóos e está "conforme" con que a Fiscalía recorra esta decisión xudicial. En El Diario.
A Fiscalía Anticorrupción recorre a imputación da infanta Cristina.
A Garda Civil impide o acceso ao Concello de Tui tras desaloxar os afectados polas preferentes. Cóntao Faro de Vigo.
O xuíz Castro imputa a infanta Cristina polo caso Nóos. A decisión chega tras a última entrega de correos electrónicos por parte de Diego Torres.
Juventud sin Futuro convoca unha manifestación o 7 de abril para denunciar "a situación de exilio forzoso da mocidade precaria". Unha convocatoria semellante, que tivo lugar o 7 de abril de 2011, foi considerado un dos sinais previos ao 15M
Os cinco grandes bancos poñerán 1.200 millóns para o pago das preferentes. Santander, BBVA, CaixaBank, Sabadell e Popular achegarán a maioría dos fondos ao Fondo de Garantía de Depósitos.
"Os capos discutiron en Cambados canto achegarían a Alianza Popular". Público entrevista a Perfecto Conde, experto nas tramas de narcotráfico en Galicia
A ONU aproba o primeiro tratado internacional sobre comercio de armas. A venda internacional de armas queda ligada ao récord que o país comprador teña en materia de dereitos humanos.