A Xunta informa de que o embaixador de Alemaña en España, recibido este martes por Alberto Núñez Feijóo, "valora o esforzo que está a realizar Galicia no control do déficit público"

A Xunta informa de que o embaixador de Alemaña en España, recibido este martes por Alberto Núñez Feijóo, "valora o esforzo que está a realizar Galicia no control do déficit público"
Este gráfico provocou moito bruído nos mercados financeiros internacionais durante toda a xornada. É o indicador que elabora o Economic Cycle Research Institute (ECRI), e que se fundamenta na caída do consumo privado dos norteamericanos. Segundo esta institución, é o consumo o que reduce a taxa de paro e non ao revés. O ECRI conclúe que haberá nova recesión nos EUA
O subsecretario do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Jaime Haddad, vén de anunciar a constitución dun grupo de traballo para que, no prazo dunha semana, "estude que medidas se poden establecer para axudar aos sectores afectados a superar esta difícil época de seca dunha maneira viable".
A Liga Estudantil Galega presenta un spot para apoiar a convocatoria de folga xeral do vindeiro día 29. A organización contrapón a mobilización coas palabras do rei sobre o desemprego xuvenil.
#onosoderbi Esta mañá a Liga de Fútbol Profesional confirmou que o Celta-Dépor se xogará o vindeiro 15 de abril ás 12 da mañá.
O PP asegura agora que, malia á recesión xeral, Galicia "podería recuperar a senda do crecemento" económico a finais de 2012.
The New York Times reduce de 20 a 10 o número de noticias e artigos que se poden consultar gratuitamente cada mes. O seu muro de pago (paywall, como que se denomina a súa fórmula mixta: gratuíta para os lectores esporádicos, de pago para os lectores habituais) cumpre un ano con éxito: a edición dixital conta con 400 mil novos subscritores (ademais dos 800 mil asinantes da edición empresa, que teñen acceso automático á versión dixital de pago) que pagan uns 20 dólares ao mes (uns 15 euros) polos contidos do xornal.
O PSdeG subliña o seu apoio á fusión "voluntaria" de concellos, pero di José Luis Méndez Romeu que no caso de Oza e Cesuras houbo un "anuncio político", unha "trampa dialéctica" de Feijóo no debate de política xeral que supuxo "mentirlle á sociedade galega":
A Sala Nasa recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os responsables deste espazo artístico compostelán, pechado en 2011, recollerán o galardón na gala dos premios María Casares de teatro, o vindeiro 3 de abril.
O vicepresidente do PP balear desmárcase da política lingüística do presidente das illas, José Ramón Bauzá, que impulsa un plan con moitas semellanzas coa política da Xunta. En Vilaweb Antoni Pastor considera que o "conflito lingüístico dividirá o PP" nesa comunidade.