A Sala Nasa recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os responsables deste espazo artístico compostelán, pechado en 2011, recollerán o galardón na gala dos premios María Casares de teatro, o vindeiro 3 de abril.
Fálase
O vicepresidente do PP balear desmárcase da política lingüística do presidente das illas, José Ramón Bauzá, que impulsa un plan con moitas semellanzas coa política da Xunta. En Vilaweb Antoni Pastor considera que o "conflito lingüístico dividirá o PP" nesa comunidade.
A morosidade do sistema financeiro segue subindo. En xaneiro acadou unha taxa do 7,9%, o nivel máis elevado desde 1994. Nuns minutos ampliamos a información
O ex presidente de Balears, Jaume Matas, condenado a seis anos de cárcere no caso Palma Arena.
En Galicia hai 33.459 afiliados estranxeiros á Seguridade Social, segundo os datos difundidos hoxe. Representan o 1,99% de toda a masa laboral estranxeira do Estado despois de experimentar un descenso do ‐7,80% do número de afiliados en relación ao mes de febreiro de 2011. A meirande parte destas persoas son de fóra da Unión Europea e traballan na hostalaría e no comercio e reparación de vehículos. Portugal é o país que máis traballadores aporta.
O diario francés Libération levou hoxe a primeira páxina os nomes dos sete asasinados nos últimos días por motivos racistas ou xenófobos en Francia. Vincula así as mortes deste luns coas do 15 e o 11 de marzo.
O presidente da Xunta foi este luns a 'estrela' da xornada electoral en Asturias. Prometeu que Rajoy finalizará a autovía Transcantábrica e degustou polbo á feira coa candidata do PP no Principado, entre outros actos. En La Nueva España.
Tras o que semellou un erro momentáneo, o Diario Oficial de Galicia xa aparece publicado por defecto en galego, como habitualmente.
Esta mañá as persoas que accedan ao Diario Oficial de Galicia están a atopar que a versión por defecto do boletín que aparece ao acceder dende a web da Xunta está redactada en castelán.
Lainformacion.com publica unha comparativa das condicións laborais de Alemania, Francia, Holanda, R.Unido, Italia, Dinamarca e Irlanda