#onosoderbi Esta mañá a Liga de Fútbol Profesional confirmou que o Celta-Dépor se xogará o vindeiro 15 de abril ás 12 da mañá.

#onosoderbi Esta mañá a Liga de Fútbol Profesional confirmou que o Celta-Dépor se xogará o vindeiro 15 de abril ás 12 da mañá.
O PP asegura agora que, malia á recesión xeral, Galicia "podería recuperar a senda do crecemento" económico a finais de 2012.
The New York Times reduce de 20 a 10 o número de noticias e artigos que se poden consultar gratuitamente cada mes. O seu muro de pago (paywall, como que se denomina a súa fórmula mixta: gratuíta para os lectores esporádicos, de pago para os lectores habituais) cumpre un ano con éxito: a edición dixital conta con 400 mil novos subscritores (ademais dos 800 mil asinantes da edición empresa, que teñen acceso automático á versión dixital de pago) que pagan uns 20 dólares ao mes (uns 15 euros) polos contidos do xornal.
O PSdeG subliña o seu apoio á fusión "voluntaria" de concellos, pero di José Luis Méndez Romeu que no caso de Oza e Cesuras houbo un "anuncio político", unha "trampa dialéctica" de Feijóo no debate de política xeral que supuxo "mentirlle á sociedade galega":
A Sala Nasa recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os responsables deste espazo artístico compostelán, pechado en 2011, recollerán o galardón na gala dos premios María Casares de teatro, o vindeiro 3 de abril.
O vicepresidente do PP balear desmárcase da política lingüística do presidente das illas, José Ramón Bauzá, que impulsa un plan con moitas semellanzas coa política da Xunta. En Vilaweb Antoni Pastor considera que o "conflito lingüístico dividirá o PP" nesa comunidade.
A morosidade do sistema financeiro segue subindo. En xaneiro acadou unha taxa do 7,9%, o nivel máis elevado desde 1994. Nuns minutos ampliamos a información
O ex presidente de Balears, Jaume Matas, condenado a seis anos de cárcere no caso Palma Arena.
En Galicia hai 33.459 afiliados estranxeiros á Seguridade Social, segundo os datos difundidos hoxe. Representan o 1,99% de toda a masa laboral estranxeira do Estado despois de experimentar un descenso do ‐7,80% do número de afiliados en relación ao mes de febreiro de 2011. A meirande parte destas persoas son de fóra da Unión Europea e traballan na hostalaría e no comercio e reparación de vehículos. Portugal é o país que máis traballadores aporta.
O diario francés Libération levou hoxe a primeira páxina os nomes dos sete asasinados nos últimos días por motivos racistas ou xenófobos en Francia. Vincula así as mortes deste luns coas do 15 e o 11 de marzo.