PP e Ciudadanos escenifican este xoves o seu primeiro pacto co partido de extrema dereita Vox para controlaren a Mesa do Parlamento de Andalucía, paso previo á investidura do popular Juan Manuel Moreno como presidente da Junta.
Fálase
En Marea eleva a definitivos os resultados das súas eleccións internas, con 1.596 votos para a candidatura de Luís Villares e 1.098 para a liderada por David Bruzos. Este mércores un membro da comisión de garantías da formación, Manuel Nogueira, decidiu levar o proceso ao xulgado e os alcaldes da Coruña e Santiago avanzaron a súa intención de desmarcarse dos seguintes pasos dos órganos do partido instrumental.
PP e Ciudadanos pechan o seu primeiro pacto para gobernaren Andalucía, no que son imprescindibles os 12 votos do partido de extrema dereita Vox. Este acordo inicial dá a presidencia do Parlamento andaluz á formación de Albert Rivera e abre a porta a que un goberno de dereitas desbanque ao PSOE de Susana Díaz.
O PSOE aproba en solitario o orzamento do Concello de Vigo para 2019, o duodécimo consecutivo da cidade grazas á maioría absoluta de Abel Caballero e o primeiro para o próximo ano das sete urbes galegas. As contas inclúen xa parte do rescate do Auditorio e da venta do antigo reitorado á Zona Franca.
O PP galego afirma que cómpren "máis persoas como Felipe de Borbón" e "menos" como o presidente catalán. Afirmouno o seu 'número dous', Miguel Tellado, para valorar o discurso de Noiteboa do rei. En Marea coida que o xefe do Estado "esqueceu Galicia e as necesidades sociais", o PSdeG subliña o seu "ton conciliador" e o BNG lamenta que teime na "convivencia" ao abeiro da Constitución mentres obvia, ao seu xuízo, os problemas "reais" da poboación.
Durante o Día de Nadal Praza.gal non se actualiza por descanso da redacción. Pero deixamos moito para ler e o mércores 26 estamos de volta. Boas festas!
Doce persoas feridas en dous accidentes de tráfico provocados pola irrupción de xabaríns na estrada en Cabanas e Portas. Segundo informa o 112, no sinistro de Cabanas (N-651) resultaron implicados sete coches e no de Portas (AP-), seis coches e un camión. Non houbo falecementos en ningún dos accidentes. (Imaxe: Concello de Moeche)
Centos de persoas reciben nas Pontes á cantante Sabela Ramil tras a súa participación no programa Operación Triunfo. A ourolesa, residente na vila, asinou no libro de honra do Concello e interpretou para a veciñanza varias cancións co grupo Muxarega, entre elas, a Sementeira de Fuxan os Ventos. Nesta ligazón, vídeo dos actos. (Imaxe: Concello das Pontes).
Por que as árbores de nadal cheiran como cheiran? Dende Moléculas en Galego explícannos a química deste arrecendo. Podes ver a infografía completa no seu perfil de Facebook.
O Ensino gaña con comodidade (82-65) o seu derradeiro partido do ano en Lugo fronte ao Sant Adriá e cinco das súas xogadoras conversan con VINTE sobre o seu traballo nas canchas e a súa vida fóra delas. Unha reportaxe de Bárbara G. Vilariño con fotografías de Xabier Martínez. Este sábado, tamén no Pazo, o Breogán logrou a súa segunda vitoria consecutiva ao se impoñer 85-79 ao Morabanc Andorra e sae das posicións de descenso na ACB.