Trump desmárcase da aposta por dous Estados para Israel e Palestina e limítase a pedir que o goberno israelí "conteña un pouco" os seus asentamentos en zonas ocupadas
Fálase
A responsable do programa do CSIC sobre demografía coida que o plan demográfico da Xunta "bate contra a evidencia científica". Recólleo Faro de Vigo
As esculturas do Mestre Mateo na Catedral de Santiago, agora dixitais e en 3D. A Fundación Catedral de Santiago vén de promover a dixitalización de nove pezas pertencentes á histórica exposición que xunta unha ducia de obras do artista para "documentar o seu estado" e "ofrecer garantías adicionais de conservación". O traballo realizouno a empresa de enxeñaría tridimensional Dogram.
O Goberno central desvincula da súa traxectoria política o nomeamento de Fernández de Mesa en Red Eléctrica. O deputado de En Marea Antón Gómez-Reino reprocha ao ministro Montoro o novo cargo do ex-director xeral da Garda Civil nun tenso pleno.
O gobernador do Banco de España recomenda adiar a idade de xubilación máis aló dos 67 anos. Na súa intervención no Congreso, Luis María Linde afirma tamén que sería positivo "estender" a incidencia dos fondos privados de pensións para "complementar" os recursos públicos
A presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero propón no Congreso a supresión da dispensa da obriga de declarar para as vítimas, que está a provocar numerosas sentenzas de absolución. Pide, ademais, eliminar os atenuantes de confesión e reparación do dano e ampliar o concepto de violencia de xénero para incluír outras condutas violentas sobre a muller
O Parlamento Europeo aproba o CETA, con 408 votos a favor, 254 en contra e 33 abstencións. 66 eurodeputados do grupo socialdemócrata votaron en contra e 13 abstivéronse, pero o PSOE votou en bloque a prol do tratado comercial con Canadá.
Nace o primeiro fillo do presidente da Xunta. A súa parella, a executiva Eva Cárdenas, deu a luz este mércores na clínica Belén, na Coruña. O xefe do Goberno galego non ten previsto acollerse á licenza por paternidade, segundo avanzou nas últimas semanas.
O Parlamento europeo votará este mércores pola mañá o tratado comercial UE-Canadá (CETA), cun grupo socialdemócrata dividido, aínda que a maior parte dos representantes do PSOE apoiarán o documento.
A denuncia dun axente de policía de Santiago invocando a aplicación da Lei Mordaza pola difusión nas redes sociais dun vídeo no que aparece el divide a comisaría compostelá