O Parlamento europeo votará este mércores pola mañá o tratado comercial UE-Canadá (CETA), cun grupo socialdemócrata dividido, aínda que a maior parte dos representantes do PSOE apoiarán o documento.
Fálase
A denuncia dun axente de policía de Santiago invocando a aplicación da Lei Mordaza pola difusión nas redes sociais dun vídeo no que aparece el divide a comisaría compostelá
Fomento mantense inflexible ante as peticións dos estibadores, abocando o sector á folga a partir do 20 de febreiro.
"O Entroido sempre foi unha festa pagá", sinala o ilustrador Alberto Guitián, autor dos carteis da celebración na Coruña, denunciados polo Arcebispado de Santiago, a asociación ultracatólica Abogados Cristianos e algúns representantes do PP. "Pregúntome se a xente que se sente ofendida sae á rúa no entroido, se cada vez que ven alguén disfrazado de bispo, de cura ou de papa lles molesta", di.
Os traballadores de Ferroatlántica irán á folga o 10 de marzo pola venda das centrais. Tamén convocan unha manifestación para o mesmo día.
A abstención do PSOE impide tramitar a proposta de Unidos Podemos para derrogar a Lei Montoro, que limita a autonomía local e o gasto social nos concellos. PP, Ciudadanos e PNV votaron en contra. ERC, PDECat e Bildu, a favor
VÍDEO | Así soa Rosalía de Castro en francés: Alumnado do Centro de Estudos Galegos de París, na Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3, escolle e recita poemas da autora galega para conmemorar o seu 180º aniversario.
O Constitucional anula os primeiros pasos para o referendo unilateral en Catalunya. O tribunal envía ao fiscal a actuación da presidenta do Parlament e catro membros da mesa.
Rexistrado un terremoto no mar Cantábrico, a uns 50 quilómetros da costa galega, de 3,2 graos na escala Richter. O tremor produciuse a 12 quilómetros de profundidade contra as 10:30 da mañá, segundo datos do IGN, que non advirte de consecuencia ningunha en terra do movemento.
Prisión incondicional para o ex-número tres do PPdeG, Pablo Crespo, e os outros dous presuntos líderes da trama Gürtel condenados na primeira sentenza do caso. O antigo secretario de organización dos populares galegos foi condenado a 13 anos de cadea.