Julio Abalde, novo reitor da UDC, reclama na súa toma de posesión "financiamento estable" e chama á colaboración entre as universidades galegas
Fálase
A Subdelegación do Goberno en Lugo limita a tractorada que dende hai un mes protesta nos arredores da muralla polo prezo do leite. Os vehículos deberán ser colocados un detrás do outro, de xeito que deixen libres dous carrís.
Ourense, Pontevedra e Ferrol aínda non publicaron o patrimonio dos seus edís, como esixe a Lei de Transparencia
Os gandeiros pídenlle á industria que suba dous céntimos o prezo do leite, ata acadar os 30 céntimos por litro. A Organización de Produtores Lácteos (OPL) e a Unión Leiteira Galega (Ulega) solicitaron xa unha xuntanza para a vindeira semana con representantes de Celta, Lactalis e Central Lechera Asturiana
Podemos e PSOE lanzan unha ofensiva lexislativa no primeiro día de actividade do Congreso. Iglesias rexistrará a Lei de Emerxencia Social para parar desafiuzamentos, universalizar a sanidade e poñerlle fin á pobreza enerxética. Sánchez anuncia una batería de 15 iniciativas, relativas á derrogación da LOMCE ou á violencia de xénero, entre outros temas
Julio Abalde toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña cunha defensa do ensino público. Crónica en GCiencia do acto, no que Abalde recibiu o bastón de mando que ata agora ostentou Xosé Luís Armesto.
Rajoy mantén a José Manuel Barreiro como voceiro do PP no Senado, que seguirá presidido por Pío García Escudero. Rafael Hernando mantense como voceiro no Congreso.
O Tribunal Supremo ordena iniciar o expediente de caducidade da concesión de ELNOSA. O proceso xudicial foi emprendido no seu día por Salvemos Pontevedra.
Patxi López será presidente do Congreso tras o acordo entre PP, PSOE e C's. Podemos non entra no pacto pero terá un posto Mesa e outro será para as confluencias nas que participa.
Educación convoca 1.112 prazas nas súas oposicións. Serán 500 para mestres e mestras, 478 para profesorado de Secundaria e 122 de FP. A distribución, abordada este martes na mesa sectorial, pódese consultar nesta ligazón. Nos últimos anos Galicia perdeu 1.500 docentes no ensino público.