O Tribunal Supremo ordena iniciar o expediente de caducidade da concesión de ELNOSA. O proceso xudicial foi emprendido no seu día por Salvemos Pontevedra.
Fálase
Patxi López será presidente do Congreso tras o acordo entre PP, PSOE e C's. Podemos non entra no pacto pero terá un posto Mesa e outro será para as confluencias nas que participa.
Educación convoca 1.112 prazas nas súas oposicións. Serán 500 para mestres e mestras, 478 para profesorado de Secundaria e 122 de FP. A distribución, abordada este martes na mesa sectorial, pódese consultar nesta ligazón. Nos últimos anos Galicia perdeu 1.500 docentes no ensino público.
O colaborador de Praza.gal Diego Giráldez, entre os galardoados no premio de narracións curtas Modesto R. Figueiredo pola súa obra Sagradas escrituras, que levou o primeiro accésit. O gañador do primeiro premio do certame, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro coa colaboración do Concello de Teo, foi Adolfo Caamaño con Pin ball do Pombal.
Pilar Rojo renuncia formalmente como deputada e presidenta do Parlamento para incoporarse ao Congreso. Ábrese agora o proceso para substituíla como xefa do lexislativo, posto para o que se perfila o ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente.
En Marea únese a En Comú e Compromís para rexeitar a "fraude democrática" que suporía vetar o grupo propio no Congreso. Representantes das tres candidaturas e de Podemos instan o PSOE a que rectifique e permita formar grupos propios. Máis información, esta tarde en Praza.
PSOE e Ciudadanos chegan a un acordo para que Patxi López presida o Congreso.
eldiario.es asóciase con The Guardian para ofrecer información internacional e incorporar algunhas das súas sinaturas de opinión, como Owen Jones
O novo goberno portugués prohibe o cobro de comisións bancarias na primeira conta corrente. O Partido Socialista deulle luz verde á proposta que formulaban Bloco de Esquerda e PCP, que apoian o Executivo de António Costa. Jornal de Negócios explica a medida, que xa recibiu luz verde do Parlamento.
A campaña para as eleccións presidenciais portuguesas, que se celebrarán o 24 de xaneiro, comezou este luns. O conservador e televisivo Marcelo Rebelo de Sousa, apoiado polo PSD, é o gran favorito. A esquerda preséntase moi dividida, destacando as candidaturas de António Sampaio da Nóvoa e Maria de Belém, ademais das de Marisa Matias (Bloco) e Edgar Silva (PCP)