Pilar Rojo renuncia formalmente como deputada e presidenta do Parlamento para incoporarse ao Congreso. Ábrese agora o proceso para substituíla como xefa do lexislativo, posto para o que se perfila o ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5694f8134fa96-cyhwgfmwaaauc8r.jpg)
Pilar Rojo renuncia formalmente como deputada e presidenta do Parlamento para incoporarse ao Congreso. Ábrese agora o proceso para substituíla como xefa do lexislativo, posto para o que se perfila o ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente.
En Marea únese a En Comú e Compromís para rexeitar a "fraude democrática" que suporía vetar o grupo propio no Congreso. Representantes das tres candidaturas e de Podemos instan o PSOE a que rectifique e permita formar grupos propios. Máis información, esta tarde en Praza.
PSOE e Ciudadanos chegan a un acordo para que Patxi López presida o Congreso.
eldiario.es asóciase con The Guardian para ofrecer información internacional e incorporar algunhas das súas sinaturas de opinión, como Owen Jones
O novo goberno portugués prohibe o cobro de comisións bancarias na primeira conta corrente. O Partido Socialista deulle luz verde á proposta que formulaban Bloco de Esquerda e PCP, que apoian o Executivo de António Costa. Jornal de Negócios explica a medida, que xa recibiu luz verde do Parlamento.
A campaña para as eleccións presidenciais portuguesas, que se celebrarán o 24 de xaneiro, comezou este luns. O conservador e televisivo Marcelo Rebelo de Sousa, apoiado polo PSD, é o gran favorito. A esquerda preséntase moi dividida, destacando as candidaturas de António Sampaio da Nóvoa e Maria de Belém, ademais das de Marisa Matias (Bloco) e Edgar Silva (PCP)
A Subdelegación do Goberno en Lugo decidirá este martes sobre a tractorada que a asociación de gandeiros Agromuralla mantén na Ronda da Muralla dende o 10 de decembro. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo pediralle hoxe á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que a administración asuma o seu papel para facer cumprir o acordo asinado en setembro
O sector do cerco reúnese a partir das 11 da mañá con Quintana, dividido ante a proposta das confrarías. Ademais, mentres que Acerga aceptaría sumar as cotas galegas e dividilas por trimestres con topes semanais, Cergal rexeita a idea e ve "imposible" unha proposta conxunta
Felipe VI evitou a foto con Forcadell, ao pedirlle á presidenta do Parlament que lle comunicase por escrito a elección do novo presidente da Generalitat. Junqueras presentoulles a Puigdemont e Mas a lista dos consellers de ERC que formarán parte d novo goberno catalán.
Representantes de En Marea mantiveron en Madrid na tarde deste luns unha reunión co portavoz parlamentario do PSOE, Antonio Hernando, para defender o dereito a contar con grupo parlamentario propio no Congreso