Representantes de En Marea mantiveron en Madrid na tarde deste luns unha reunión co portavoz parlamentario do PSOE, Antonio Hernando, para defender o dereito a contar con grupo parlamentario propio no Congreso
Fálase
O PSOE propón a Pilar Cancela para formar parte da Mesa do Congreso, que os socialistas tentarán que presida Patxi López. Cancela, secretaria de organización do PSdeG, foi cabeza de lista pola Coruña nas xerais.
Pedro Sánchez aposta polo "entendemento" con Podemos e Ciudadanos para formar unha maioria alternativa ao PP. Recólleo eldiario.es
A avogada do Estado defende no xuízo do caso Nóos que 'Facenda somos todos' non é máis ca un lema publicitario. Eldiario.es está a seguir o proceso ao vivo
O Xulgado número 4 de Ferrol acolle este luns o primeiro xuízo contra os intereses abusivos do IRPH, o Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios. No proceso, Marcos Guerreiro acusa a entidade financeira UCI (pertencente ao Banco Santander e BNP) e estará apoiado pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
Lois Pereiro será o protagonista do concurso Siluetas furtivas: Certame cicloxénico de ilustración e videocreación, organizado pola asociación Trabalingua en colaboración coa área de normalización lingüística da Universidade de Vigo
A Lei de Acuicultura segue sumando rexeitamentos, a pesar da chamada á calma de Quintana. Esta fin de semana Rianxo e Noia acolleron novas xuntanzas de produtores, críticos co proxecto presentado polo Goberno galego
David Bowie morre aos 69 anos de idade, vítima dun cancro. Hai dous días o artista británico publicou o seu último album, Blackstar
Diego Torres afirma que Urdangarin lle prometeu un posto de traballo a cambio de asumir a culpa no caso Nóos. En entrevista con Ana Pastor, di que a Casa Real "coñecía e mesmo colaboraba" coa actividade do Instituto Nóos. Este luns comeza o xuízo, no que Anticorrupción pide 19 anos para Urdangarin e 16 para Torres
Besteiro declarará o martes ante De Lara sobre a súa responsabilidade no caso Garañón. A xuíza rexeitou a petición de aprazamento do seu avogado.