Podemos e PSOE lanzan unha ofensiva lexislativa no primeiro día de actividade do Congreso. Iglesias rexistrará a Lei de Emerxencia Social para parar desafiuzamentos, universalizar a sanidade e poñerlle fin á pobreza enerxética. Sánchez anuncia una batería de 15 iniciativas, relativas á derrogación da LOMCE ou á violencia de xénero, entre outros temas
Fálase
Julio Abalde toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña cunha defensa do ensino público. Crónica en GCiencia do acto, no que Abalde recibiu o bastón de mando que ata agora ostentou Xosé Luís Armesto.
Rajoy mantén a José Manuel Barreiro como voceiro do PP no Senado, que seguirá presidido por Pío García Escudero. Rafael Hernando mantense como voceiro no Congreso.
O Tribunal Supremo ordena iniciar o expediente de caducidade da concesión de ELNOSA. O proceso xudicial foi emprendido no seu día por Salvemos Pontevedra.
Patxi López será presidente do Congreso tras o acordo entre PP, PSOE e C's. Podemos non entra no pacto pero terá un posto Mesa e outro será para as confluencias nas que participa.
Educación convoca 1.112 prazas nas súas oposicións. Serán 500 para mestres e mestras, 478 para profesorado de Secundaria e 122 de FP. A distribución, abordada este martes na mesa sectorial, pódese consultar nesta ligazón. Nos últimos anos Galicia perdeu 1.500 docentes no ensino público.
O colaborador de Praza.gal Diego Giráldez, entre os galardoados no premio de narracións curtas Modesto R. Figueiredo pola súa obra Sagradas escrituras, que levou o primeiro accésit. O gañador do primeiro premio do certame, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro coa colaboración do Concello de Teo, foi Adolfo Caamaño con Pin ball do Pombal.
Pilar Rojo renuncia formalmente como deputada e presidenta do Parlamento para incoporarse ao Congreso. Ábrese agora o proceso para substituíla como xefa do lexislativo, posto para o que se perfila o ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente.
En Marea únese a En Comú e Compromís para rexeitar a "fraude democrática" que suporía vetar o grupo propio no Congreso. Representantes das tres candidaturas e de Podemos instan o PSOE a que rectifique e permita formar grupos propios. Máis información, esta tarde en Praza.
PSOE e Ciudadanos chegan a un acordo para que Patxi López presida o Congreso.