El Blog Salmón analiza en dez gráficas "por que a crise e recesión española irá a peor". Baséase na caida da produción de cemento, da demanda, das exportacións ou do crédito.
Fálase
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan as eleccións catalás para Sin Permiso. Saúdan o ascenso de ICV-EUiA e CUP e relacionan a actual pulsión soberanista coa crise da Monarquía de 1978.
Onte presentouse en Madrid o libro No es Economía, es Ideología, de Economistas Frente a la Crisis
Exhuman o corpo de Arafat para saber se morreu envelenado. Hai meses un grupo de investigadores suizos atoparon restos de polonio na roupa do rais.
Os empresarios cataláns desconfían dun Goberno formado por CiU e ERC e un sector opta por pactar co PSC. Un sector de Unió, molesto coa campaña "personalista" realizada por Artur Mas.
O Eurogrupo aproba a seguinte fase do rescate de Grecia. Atenas recibirá antes de final de ano 34.000 millóns de euros dos 44.000 millóns pendentes pero o Eurogrupo negouse a aceptar unha quita da débeda.
Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego comezaron este martes unha folga de recollida de leite para reclamar uns prezos semellantes aos doutros territorios do Estado.
Representantes de plataformas de afectados pola estafa das preferentes presentan unha denuncia colectiva ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo co apoio do BNG. Viaxaron até Bruxelas membros dos colectivos de Lugo, Santiago, Salnés, Baixo Miño, Ferrolterra, Moaña, Morrazo, Condado-Louriña-Paradanta, Redondela-Arcade, Arousa, e de organizacións como Adicae-Vigo e Agaprofi A Coruña. Foto: Delmi Álvarez.
CiU abrirá conversas con Esquerra Republicana e o PSC para a formación do vindeiro Goberno catalán. Artur Mas pide "acompañamento" para os vindeiros catro anos e asegura que o referendo que tiña previsto "vaise facer". No diario Ara.
O Villareal, equipo da Segunda División de fútbol, renuncia a todas as subvencións públicas por existir "outras prioridades a nivel social" e subliña que está ao corrente de todos os seus pagamentos. Nos últimos anos o club tivo como patrocinador a, entre outros, o polémico aeroporto de Castellón.