Ciudadanos rectifica e quita do seu programa acabar coas penas específicas por violencia machista. O partido decidiu acabar coa polémica medida e recoñece que "reflexionou" tras a polémica.
Fálase
O Tribunal Constitucional inadmitiu a primeira cuestión de inconstitucionalidade (presentada por un tribunal ourensán) das varias que presentaron distintos xulgados do contencioso-administrativo contra a lei autonómica que elevou o canon de Sogama
Izquierda Unida confía en obter entre 8 e 13 deputados grazas á confluencia con Podemos. El Diario publica a posición que ocuparán os e as candidatas de IU nas listas daa confluencia
Luís Bará perfílase como cabeza de lista do BNG por Pontevedra. Adiántao Pontevedra Viva, que subliña que o edil pontevedrés confirma a súa candidatura.
Xóvenes Agricultores entra formalmente en concurso de acredores tras aprobar a declaración o xulgado do mercantil de Lugo. A organización acumula 1,5 millóns en débedas, a maior parte co persoal e entidades financeiras, segundo detalla El Progreso
Podemos ofrécelle ao PSOE candidaturas conxuntas ao Senado para, din, evitar que o PP "bloquee un goberno de cambio". "Non, grazas", retrucou o candidato socialista, Pedro Sánchez.
AO VIVO A futbolista Vero Boquete participa arestora no especial de Carne Cruda sobre a invisibilización do deporte feminino. Ao vivo, nesta ligazón
Un home acoitela catro persoas en Múnic ao berro de "Alá é grande". Un dos feridos tería falecido e outros tres están graves, segundo varios medios.
En Comú Podem asume que non pode garantir ter grupo propio e que a decisión será política. Descarta concorrer como partido ou agrupación de electores e insiste no seu carácter catalán.
A troika estudará por primeira vez a reestruturación da débeda grega. Atenas consegue seis anos despois unha primeira mención á revisión pero sen compromiso ningún.