#20D En Marea tería entre 2 e 3 escanos e NÓS, entre 0 e 1, segundo unha enquisa de eldiario.es que mantén o PP como primeira forza nas xerais con 5 puntos sobre o PSOE, segunda forza cinco puntos por riba de Ciudadanos.
Fálase
#20D O PP perdería entre 4 e 5 escanos por Galicia, o PSdeG mantería os seus 6, En Marea lograría 4 ou 5, Ciudadanos, 2 e NÓS non tería representación. É o prognóstico dunha enquisa de La Razón, segundo a cal os populares caerían 17 puntos, os socialistas perderían uns 6 e En Marea roldaría os 18
Persoal farmacéutico inspector de Saúde Pública concentrouse este xoves ante a sede do SERGAS para denunciar que a Xunta reduciu dende 2009 o número de inspeccións e análises en abastecementos de augas municipais e noutras instalacións.
O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, nega "comportamento homófobo" cara á axente da Garda Civil de Fene que o luns se disparou, quedando ferida. O colectivo LGBTI A.L.A.S. denunciou onte que a axente sufría "acoso homófobo" e convocou unha concentración para este sábado en Pontedeume.
A Xunta Electoral Central amplía o prazo de recollida do voto por correo ata este venres, día 11. Asemade, amplíase tamén o prazo no que a Oficina do Censo pode enviar a documentación electoral á poboación ata o día 14.
A candidata de NÓS por Pontevedra, Carme Adán, recibe o apoio do alcalde de Lalín, Rafael Cuiña (CxG), que a acompañou nun paseo electoral por Vigo. A xuízo do rexedor lalinense, "só unha candidatura netamente galega como NÓS" pode "defender os sectores estratéxicos deste país".
Ciudadanos convoca un paseo electoral en Santiago só para medios gráficos e o seu candidato pola Coruña evita responder ao ser preguntado polas súas propostas. Recólleo Europa Press
A xuíza De Lara entrega na Audiencia un correo electrónico do avogado Conde-Pumpido no que a advirte de supostas manobras políticas e xudiciais na súa contra. A maxistrada ve no correo do letrado, redactado un ano antes de comezar a representar ao socialista Gómez Besteiro, un intento de coacción. Recólleo El País. Nun comunicado, Besteiro resalta que as "conversas" son "alleas á miña persoa" xa que se produciron antes de que Conde-Pumpido o representase, e salienta que "todo isto deriva da inxusta situación xudicial na que me atopo dende hai cinco meses".
O politólogo José Fernández-Albertos detalla os datos de intención directa de voto en Galicia nos que se baseou o estudo preelectoral do CIS, que augura unha caída de 5 escanos do PP e escanos galegos para En Marea e Ciudadanos.
Medio cento de tractores arrodean o Carrefour da Coruña mentres os gandeiros detallan á clientela os motivos da súa protesta. A mobilización, advirten, é "indefinida". Toda a información, hoxe en Praza.